Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Sociedade

Fomento do aforro de auga no sector hoteleiro de Málaga.

Suscripción do concello a un convenio coa Asociación de Empresarios Hoteleiros da Costa do Sol co obxectivo de aumentar a eficiencia das infraestruturas de abastecemento de auga dos hoteles para aumentar o aforro de auga nun sector en crecemento e que supón un elevado consumo de auga. Nas actuacións a levar a cabo destacan modificacións técnicas para a redución do consumo, medidas de concienciación, instalación de contadores electrónicos, entre outras.
Málaga.
 

C. Interpretación Terras do Miño

Está integrado por un conjunto de casa y molino, del siglo XIX. En él, se combinan modernas tecnologías, con elementos etnográficos, para ofrecer, una completa información sobre la Reserva de la Biosfera Terras do Miño, especialmente sobre el río Miño y los ecosistemas fluviales. Funciona como centro de recepción de visitantes y oficina de información, y oferta actividades de educación medioambiental y visitas guiadas
 

Plan de actuacións para mellorar a eficiencia enerxética e reducir as emisións de CO2 da Escola Técnica Superior de Arquitectura del Vallès.

Medidas levadas a cabo nun amplo proceso de estudo e aplicación para diminuír o impacto ambiental asociado ao consumo enerxético de todos os edificios da UPC. Estos cambios foron realizados na xestión da calefacción, o que permitiu que un dos edificios que compoñen esta universidade gañara en eficiencia enerxética reducindo notablemente o seu consumo.

Centro de Interpretación Sefardí

3-E Houses. Saving Energy & the Environment across Europe.

Proxecto impulsado pola UE no cal participan diversas cidades europeas co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética das vivendas. O proxecto pretende lograr, a través da instalación de sistemas domóticos, do uso das tecnoloxías da información (TIC) e da colaboración dos usuarios, unha reducción de ata un 20% no consumo enerxético das vivendas.
Sant Cugat (España), Bristol (Reino Unido), Leipzig (Alemania) y Sofía (Bulgaria).
 

Parada Solar Informativa.

Trátase duns paneis instalados nas paradas de autobús que están dotados dunha pantalla dixital que permite ao usuario saber canto vai tardar en chegar o autobús. Estes paneis funcionan exclusivamente con enerxía solar pois contan cunha placa solar instalada na parte superior.
Área metropolitana de Barcelona.
 

Aproveitamento enerxético da calor ambiental na estación central de Estocolmo (Suecia)

Sistema para recoller a calor que proporcionan a multitude de persoas que pasa pola estación central de Estocolmo, calor que normalmente é expulsada a través de ventanas e portas abertas ou coa axuda de ventiladores. Este sistema foi deseñado para recoller a calor sobrante a través de pequenas bombas e podela aproveitar para quentar un edificio anexo.
 Estocolmo (Suecia).
 

Plan municipal de eficiencia enerxética e enerxías renovables en Miguelturra (Ciudad Real)

 Coas prioridades de mellora da contaminación atmosférica e a loita contra o cambio climático dentro dun plan de acción da Axenda 21 local, neste concello preténdese levar a cabo accións tan destacables coma a instalación nos edificios públicos de sistemas solares térmicos e fotovoltaicos; a renovación do alumeado público engadindo criterios de eficiencia enerxética e a aplicación de novas tecnoloxías; e a conversión da administración pública local nun referente na aplicación de boas prácticas enerxéticas para que sirva de modelo e axude a desenvolver unha economía de I+D+I no municipi

Sistema integral de xestión de residuos municipais na comarca de l'Alt Urgell.

Creación dunha mancomunidade por parte de sete concellos da comarca de l´Urgellet que se ocupa da recollida e xestión de residuos adoptando un modelo integral, logrando deste xeito mellorar a recollida selectiva e aumentar notablemente a contía de residuos reciclados.
Zona norte da comarca de l´Alt Urgell (Lleida).
 

Conteúdo sindicado