Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Boas práticas

Proxecto E-Bus da EMT: Xestión Intelixente da Flota de Autobuses de Madrid.

Este proxecto implica a implantación da última tecnoloxía co fin de facilitar a xestión da flota de autobuses, incorporando á súa vez servizos de alto valor engadido para o pasaxeiro.
Madrid.
 

Bicibox. Novo tipo de aparcamento para bicicletas.

Rede de aparcamentos seguros para bicicletas privadas, consistente en contenedores con compartementos pechados. Este proxecto persegue, ademais de evitar os roubos das bicicletas, que o seu uso se estenda sen que ningún tipo de obstáculo o impida.
Área Metropolitana de Barcelona.
 

Metrobús dentro do modelo de transporte público de Curitiba (Brasil)

Posta en marcha dunha rede integrada de transporte público no cal destaca un sistema formado por vías exclusivas para autobuses. Esta rede foi a primeira instalada no mundo componse de 72 Km que recorren os principais eixes da cidade e que constitúe as denominadas liñas rápidas.
Curitiba (Brasil).
 

Seguridade vial en Fuenlabrada (Madrid)

Esta cidade recibiu o premio á mellor práctica urbana en seguridade vial, premio que foi merecido pola iniciativa pioneira en España de por mensaxes nos pasos de peóns sobre as mortes por atropello; a inclusión en semáforos da figura dunha muller; a promoción do uso de casco entre os motoristas con métodos innovadores e a instalación dun sistema para aumentar a visibilidade nos pasos de peóns.
Fuenlabrada.
 

A bicicleta como medio de transporte : creación dunha rede de vías ciclistas.

Creación dunha rede ciclista completa para a cidade que mediante 8 grandes itinerarios estrutura a cidade. A finalidade deste proxecto é conseguir que a bicicleta se convirta nun elemento clave no esquema de mobilidade da cidade e dotar a este medio de todas as infraestruturas e servizos necesarios para a súa inserción no tecido urbano.
Sevilla.
 

Cidade accesible para todos : vado para peóns.

Coa intención de facilitar a circulación entre a beirarúa e a calzada definiuse un tipo de vado para peatóns, pensando especialmente nas persoas con algún tipo de problema de mobilidade.
Barcelona.
 

Bases para a implantación dunha nova rede de autobuses para Barcelona no marco dun novo modelo de mobilidade.

Deseño dun novo modelo de rede de autobuses que incrementa a calidade do servizo. As actuacións que conleva este cambio comprenden un deseño dunha rede ortogonal de vías básicas, extensión do carril bus e prioridade semafórica, incremento das frecuencias de paso e localización das paradas nos cruces entre eixes verticais e horizosntais e creación de nodos intercanbiadores  que axilizan o trasbordo.
Barcelona.
 

Uso de vidrio de control solar, de vidrio de baixa emisividade e de outros tipos avanzados de vidrio para unha maior eficiencia enerxética en edificios.

Instalación de cristais multicapas de baixa emisividade (Low-E) ou de vidrios de control solar en inmobles residenciais e non residenciais. Este sistema supón ademais dun aforro económico para o usuario, unha reducción no consumo enerxético e de emisións.
Diversas.
 

38 pisos tutelados para personas maiores (Mallorca)

Deseño de pisos tutelados para persoas maiores, atendendo as súas necesidades, previo estudo, e minimizando o consumo enerxético do edificio, utilizando sistemas de climatización pasiva e activa. Para a refrixeración do edificio utilízase un sistema de tubos enterrados.
Palma de Mallorca.
 

Dous bloques de vivendas e locais comerciais en San Cristóbal dos Ángeles (Madrid)

Construcción dun edificio de vivendas e locais comerciais de nova planta e rehabilitación doutro, utilizando un deseño que logra o maior aproveitamento do clima na climatización interior de ambos.
Madrid.
 

Conteúdo sindicado