Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Boas práticas

Fomento do aforro de auga no sector hoteleiro de Málaga.

Suscripción do concello a un convenio coa Asociación de Empresarios Hoteleiros da Costa do Sol co obxectivo de aumentar a eficiencia das infraestruturas de abastecemento de auga dos hoteles para aumentar o aforro de auga nun sector en crecemento e que supón un elevado consumo de auga. Nas actuacións a levar a cabo destacan modificacións técnicas para a redución do consumo, medidas de concienciación, instalación de contadores electrónicos, entre outras.
Málaga.
 

Sistema de xestión remota e centralizada da rede de rego de parques e xardíns da cidade de Mataró (Barcelona)

Implantación dun sistema de xestión remota e centralizada, vía Internet, da rede de rego dos espazos verdes da cidade. Este sistema permite un aforro importante de auga e facilita, a xestión do rego aportando aforro de tempo ao persoal de mantemento dedicado á programación, peche e apertura do rego das zonas verdes.
Mataró.
 

Ordenanza para o aforro de auga de Sant Cugat del Vallès (Barcelona)

Concello no cal se aprobou unha ordenanza municipal para o aforro de auga que incide nas novas construcións para uso residencial, hoteleiro ou deportivo. O obxectivo plantexado era reducir o consumo doméstico ata os valores recomendados de 180L/persoa e día para o 2010.
Sant Cugat del Vallès.
 

Mellora na xestión da rede de auga de Ontinyent.

 Actuacións levadas a cabo pola Empresa Xeral Valenciana da Auga S.A., que coas tecnoloxías máis innovadoras conseguiu un aforro de auga e de enerxía. Entre as actuacións levadas a cabo destacan a implantación dun sistema de telecontrol e de telexestión da rede, xestión de contadores e sectorización hidráulica da rede de distribución.
Ontinyent.
 

Reutilización da auga no Plan director de utilización de augas externas á rede de distribución de auga potable de Sabadell (Barcelona)

Plan Director que aposta pola utilización de augas externas á rede de auga potable da cidade para determinados usos coma a limpeza de rúas, rego de zonas verdes ou incluso industrial.
 Sabadell.
 

Fomento do aforro de auga no Plan Xeral de Ordenación Urbana de Calvià (Mallorca)

O Plan Xeral de Ordenación Urbana deste concello plasma a obrigatoriedade de adoptar medidas para o fomento do aforro de auga. En concreto, obrígase á instalación de contadores individuais de auga para cada punto de consumo independente, o aproveitamento da auga de choiva e o aproveitamento de augas grises.
Calvià.
 

Plan de actuacións para mellorar a eficiencia enerxética e reducir as emisións de CO2 da Escola Técnica Superior de Arquitectura del Vallès.

Medidas levadas a cabo nun amplo proceso de estudo e aplicación para diminuír o impacto ambiental asociado ao consumo enerxético de todos os edificios da UPC. Estos cambios foron realizados na xestión da calefacción, o que permitiu que un dos edificios que compoñen esta universidade gañara en eficiencia enerxética reducindo notablemente o seu consumo.

Instalación minieólica en edificios urbanos en Lisboa.

Trátase dunha instalación minieólica en cuberta que consta de oito aeroxeneradores urbanos que producen 38.000KWh ao ano.
Lisboa.
 

Iniciativa Imagine: preparar as cidades europeas para un novo futuro enerxético.

Consiste nunha plataforma multidisciplinaria e con múltiples actores para compartir e discutir aspectos da sustentabilidade urbana vinculados coa enerxía creando coñecemento que sexa útil a medio e longo prazo con diversos instrumentos ( seminarios anuais, conferencias, xornadas, exposicións, etc.).
Energy-Cities.
 

Energy Harvesting System: Enerxía eléctrica xerada polo paso de vehículos na estrada.

Consiste na obtención de enerxía renovable a partires do tráfico de vehículos e persoas nas rúas, carreteras, autopistas, ferrocarriles, aeroportos e centros comerciais. O sistema baséase en xeradores piezoeléctricos que converten enerxía mecánica e enerxía eléctrica.
Israel.
 

Conteúdo sindicado