Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Buenas Prácticas

Zona ambiental de Berlín (ZA)

Establecemento da prohibición do paso de vehículos a motor, públicos ou privados, que non teñan incorporados unha etiqueta verde que certifica que non superan os límites de emisións. Esta iniciativa busca e consegue reducir os niveis de contaminación nas cidades que o levan a cabo.
Berlín e 39 cidades alemanas.
 

York - A cidade sustentable (York - The sustainable city)

Plan levado a cabo pola cidade inglesa de York, que ten por finalidade reducir a pegada de carbono e aplicar diversas medidas de cara a un desenvolvemento sustentable da cidade coa participación cidadá na toma de decisións neste senso, mantendo así as cualidades da cidade e obter un equilibrio entre o crecemento económico e físico e a sustentabilidade.
York (Reino Unido).
 

BioDiverCiudad.


Programa de educación ambiental aberto á cidadanía, de xeito especial aos nenos/as que ten coma fin aumentar o coñecemento da biodiversidade urbana. Este programa propón numerosas actividades de balde e ten na rede un instrumento de divulgación fundamental para toda a súa actividade.
Madrid, Barcelona, Lleida.
 

Plan de Xestión da Biodiversidade Urbana de Pamplona (Navarra)

Plan que establece pautas de xestión da biodiversidade no concello, establecendo actuacións, coma por exemplo as orientadas á protección dos hábitats e loita contra a introdución de especies invasoras. Este plan busca, á súa vez involucrar á cidadanía así coma establecer un indicador de biodiversidade.
Pamplona.
 

Urbanización do Parque Moret en Huelva.

Recuperación dun antigo parque grazas á estreita colaboración entre unha ampla plataforma cidadá e as autoridades locais. Desta colaboración xurdiu un proxecto que integrou as necesidades expresadas mediante a participación da cidadanía e os criterios técnicos.
Huelva.
 

Recuperación Medioambiental del tramo final del río Besòs.

Trátase da recuperación ambiental do que no seu momento era o degradado tramo final do río Besòs e o aproveitamento deste entorno como espazo de ocio para o cidadán. Os resultados obtidos foron a revitalización de zonas húmidas, a fauna, a paisaxe e a calidade da auga.
Barcelona, Santa Coloma de Gramenet, Montcada i Reixac e Sant Adrià del Besòs .
 

Anel Verde de Vitoria-Gasteiz.

Consiste nunha estratexia a gran escala e a longo prazo para dotar a Vitoria-Gasteiz dun continuo enlace de espazos naturais que rodean a cidade pola periferia. Este anel ten a finalidade de mellorar a calidade ecolóxica e paisaxística. A recuperación de todos os espazos levouse a cabo atendendo a idiosincrasia de cada un.
Vitoria-Gasteiz.
 

Pago por xeneración de residuos (taxa xusta) en Argentona (Barcelona)

Supón a instauración no Concello de Argentona dunha taxa pola cal os cidadáns que menos residuos xeran pagan menos e os que producen unha contía elevada pagan máis. Esta taxa é denominada "taxa xusta" polo reparto máis equitativo que establece á hora de pagar considerándose deste xeito un incentivo económico para reducir e reciclar.
Argentona.
 

Guía CARPE: directrices comúns para a compra pública responsable en Europa.

Guía que proporciona as directrices para diferentes estratexias de compra responsable.  Esta guía realizouse a través da exploración de oportunidades para a adopción de criterios sociais e ambientais nas compras de a realizar por entidades públicas. Este proxecto do cal forman parte doce membros de EUROCITIES, analizou experiencias a través dos diferentes enfoques da compra responsable coma o comercio xusto, a compra verde ou a promoción do emprego.

Guía para municipios para a inspección e mantemento das instalacións de enerxía solar térmica para a produción de ACS.

Documento creado coma complemento ás ordenanzas solares municipais. Inclúe ferramentas concretas aplicables directamente polos concellos entre os que destacan distintos aplicativos para diversas finalidades coma, por exemplo, comprobar se un edificio cumpre cos parámetros de dimensionado básicos.
Diputación de Barcelona.
 

Distribuir contenido