Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Território

Viveiro municipal de plantas autóctonas.

Este concello tomou a iniciativa de por en marcha un viveiro de plantas autóctonas xestionado por voluntariado local, cunha produción suficiente para atender parte das necesidades locais. Logrouse deste xeito dispor de máis de 1500 pés de plantas autóctonas utilizadas para as rehabilitacións forestais, áreas verdes do concello e zonas adxacentes.
Asparrena (Álava).
 

Xestión sustentable dos bosques públicos.

Neste municipio deuse un impulso a unha xestión forestal sustentable coa intención de compatibilizar o rendemento económico forestal co rendemento ambiental e social conseguindo deste xeito a Certificación forestal Paneuropea. Logrouse tamén a rehabilitación dos bosques locais e a súa adecuación para o uso público.
Amurrio (Alava).
 

Estudo do municipio dende a óptica da sustentabilidade.

O concello de Sondika decidiu criterios vinculados á sustentabilidade nos temas relacionados co desenvolvemento e a ordenación territorial do municipio. Froito desta decisión prodúxose un aumento do grao de coñecemento dos problemas ambientais do concello, o que dá lugar a unha reflexión global e maior sensibilización a nivel municipal.
Sondika (Bizkaia).
 

Peatonalización e mellora de infraestruturas do casco histórico.

Esta práctica baséase na rexeneración física, funcional e social da vida urbana do casco histórico. Recuperouse a centralidade comercial, de ocio e relación do centro de Durango, ademais da mellora da infraestrutura de saneamento e accesibilidade, eliminación de barreiras arquitectónicas, instalación de alumbrado,restricción dos vehículos motorizados dentro do casco e recuperación do colorido tradicional dos edificios. Conseguiuse ademais do plantexado a mellora na xestión de residuos, limpeza viaria e vertidos incontrolados.
Durango (Bizkaia).
 

Revisión do planeamento urbanístico con criterios de sustentabilidade.

Co desenvolvemento da Axenda 21, levouse a cabo a revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana e a súa preceptiva Avaliación conxunta de impacto ambiental. Froito de esta revisión integráronse criterios de sustentabilidade nos principais documentos estratéxicos da cidade e mellora da comunicación interadministrativa.
Donostia-San Sebastián (Gipuzkoa).
 

Plan de accesibilidade e mobilidade.

 Levouse a cabo nesta práctica a priorización dos itinerarios peonís dentro do municipio e a potenciación para todas as persoas tanto no casco urbano coma nas urbanizacións e edificios públlicos. Logrouse unha mellora global da accesibilidade, tanto na vía pública coma nos edificios municipais e a introdución dos criterios de accesibilidade nos plegos de urbanización.
Artea (Bizkaia).
 

Plans municipais de mobilidade sustentable.

Esta boa práctica consistiu no deseño dun Plan Municipal de Mobilidade Sustentable e o debate dos proxectos que abarca este plan na Mesa da Mobilidade, a Mesa de Accesibilidade, o Consello asesor da Axenda 21, o Foro da Axenda Escolar 21 e o Concello; permitindo levar a cabo actuacións dirixidas ao logro dunha mobilidade máis racional e sustentable. Os avances foron significativos no uso do transporte público e a viabilidade peonil, ademais da redución do tráfico no centro.
Tolosa (Gipuzkoa).
 

Creación dunha rede peonil para a cohesión do territorio.

Neste concello deseñouse unha rede peonil caracterizada por percorridos peonís iluminados de dous metros de plataforma libre e unha separación do tráfico rodado mediante zona axardinada de 1,5 metros; o deseño dun plan de comunicación electrónico. O que se conseguiu foi a construción de 10 kms de sendeiros peonis que xeran unha maior cohesión territorial e a moderación do tráfico no núcleo principal.
Loiu (Bizkaia).
 

Sistema de xestión medioambiental nunha área do Concello.

 Esta boa práctica levouse a cabo mediante a implantación dun sistema de xestión medioambiental no Departamento de Agricultura, Gandeiría, Montes, Medio Ambiente e Xuntas Administrativas do Concello de Amurrio, segundo o Regramento (CE) 761/2001 EMAS. Froito da implantación do sistema de xestión conseguiuse unha boa xestión ambiental dos montes públicos mediante unha xestión en continua mellora e con oportunidades de aforro económico.
Amurrio (Álava).
 

Campaña de sensibilización e prevención contra o ruído.

Esta iniciativa consiste na sensibilización á poboación respecto á contaminación acústica, contribuíndo á súa prevención e redución dos niveis de ruído ambiental a medio prazo. Logrouse identificar os focos conflictivos respecto do ruido da cidade e priorizáronse as accións a levar a cabo en ditas zonas.
Lisboa (Portugal).
 

Conteúdo sindicado