Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Micologia

Asociación Micológica Pandesapo

Esta asociación organiza actividades de divulgación do coñecemento do mundo micolóxico mediante exposicións, recollidas colectivas, cursos de cultivo e concursos.
 

Sociedade Micolóxica Lucus

Desde os seus comezos Sociedade Micolóxica Lucus tivo como obxectivos principais o estudo, promoción e divulgación da micoloxía así coma a divulgación, coñecemento e defensa da natureza e do medio natural. Para elo  prográmase cada ano un extenso calendario de actividades.
 

Asociación micolóxica Andoa

A Asociación Micolóxica Andoa ten coma obxectivos entre outros, difundir a cultura dos fungos. Pretenden concienciar á xente da importancia deles para a biodiversidade, e instala na preservación do medio natural. No último ano o abanico de actividades abriuse tamén, cara outros aspectos cos que Andoa pretende quitar o medo e as apatías cara este reino dos fungii. Queren divulgar entre os vecinos as características dos cogumelos, incluíndo una vertente científica e sen esquecer  a culinaria.

Grupo Micolóxico Galego “Luis Freire”

 O Grupo Micolóxico Galego é unha asociación sen fins lucrativos, independente e científica, adicada ao estudo, divulgación e defensa do medio natural en relación coa macromicoloxía. Nace co fin de estudar, desde o punto de vista científico, a macromicoloxía galega e dala a coñecer a todos os interesados.
 

Asociación Naturalista Bajo Miño

Esta asociación traballa pola conservación, estudo, divulgación e defensa do patrimonio natural do Baixo Miño.
 

Asociación Micolóxica Viriato

A Asociación Micolóxica Viriato leva máis de vinte anos divulgando temas relacionados coa micoloxía básica, coa culinaria... A divulgación é a súa devoción. Durante a tempada micolóxica organizan saídas tuteladas ao monte todos os sábados. A saída efectúase dende o  local social en Sillobre. Axudan as persoas que así o requiran na clasificación das setas que levan ao local.Periodicamente organizan ceas, xa que, ademais de micólogos considéranse micófagos. Para os fanáticos da Ciencia dispoñen dun microscopio profesional co que poden observar as esporas das setas.

Agrupación Micolóxica de Vilagarcía de Arousa: " A Cantarela"

Esta agrupación realiza, ano tras ano, "Semanas Micolóxicas", saídas ao campo, excursións colectivas, charlas en colexios públicos e concertados da nosa comunidade e fóra dela, así coma ás agrupacións de mulleres rurais, teleclubes e sociedades culturais. Celébranse tamén comidas micolóxicas e concursos de cociña. Desde o ano 1.991, institucionalizaron a "Degustación Popular de Cogomelos ", que logo pasaría a denominarse "Festa dos Cogomelos" ), que consiste en ofrecer ao público asistente cogomelos preparados de forma variada, acompañadas de viño albariño, todo por un módico prezo.

Xunta de Micólogos 'Os Lactouros'

Xunta dedicada á organización de visitas e xornadas relacionadas co mundo da micoloxía.

Amigo das Setas “Os Bolouros”

Ano: 1978
Lugar: Foz

Manual e Guía práctica de Micoloxía no Val de Barcala

Autores - Colaboradores: 

Amador Rodríguez Troncoso. Jesús Manuel Rodríguez Casabiell.
 

Esta publicación describe, de maneira práctica, 72 especies de cogomelos; das que 34 son comestibles, 14 sen interese culinario, 13 velenosas, 9 non comestibles e 2 mortais. O apoio fotográfico de cada unha destas especies e dos seus respectivos hábitats pon ao alcance dos afeccionados unha doada identificación. O libro serve coma guía de campo para buscadores de cogomelos, e tamén pode ser un bo apoio instrumental para impartir cursos de iniciación e perfeccionamento da micoloxía.

Conteúdo sindicado