Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Projetos e iniciativas

Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade

Asociación sen ánimo de lucro cuxo obxecto fundamental consiste en configurar un instrumento legal que permita a confluencia e a asociación das vontades libremente expresadas polos seus asociados para desenvolver unha eficaz política de cooperación e de solidariedade dos/as cidadáns dos concellos e provincias de Galicia cos pobos subdesenvolvidos.
 

Cooperación Galega

Cooperación Galega é a ferramenta a través da cal Galicia canaliza as súas accións en pro do desenvolvemento. Deste xeito, mediante a cooperación para o desenvolvemento a sociedade galega pon a dispoción dos pobos máis pobres do planeta a súa experiencia histórica, os seus valores, activos e recursos; sumándose aos procesos existentes para combater a pobreza e as súas causas, promovendo activamente o dereito ao desenvolvemento integral, humano e sostible.
 

Proxecto ILDER

O proxecto ILDER (Inserción Laboral no Desenvolvemento Rural ) é un proxecto coordinado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) aprobado ao abeiro da 2ª convocatoria da Iniciativa Comunitaria EQUAL. A Agrupación de Desenvolvemento que o participa está composta por sindicatos agrarios, empresas, administracións e outras entidades ligadas ao medio rural galego.

Buscador de toponimia avanzado

Web que permite, tendo en conta determinados criterios, a búsqueda avanzada de topónimos.
 

Proxecto SITGA "Parroquias de Galicia"

Ferramenta que permite analizar as distintas comarcas que compoñen Galicia, descompoñendoas en concellos e parroquias.
 

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia

SODECO configúrase como unha sociedade anónima de carácter instrumental e de servizos de apoio ao desenvolvemento territorial, constituída pola Xunta de Galicia cuxo obxecto é a realización de actividades de investigación e a prestación de servizos relacionados cos estudos e a planificación territorial e o desenvolvemento comarcal. Así mesmo, encárgase da elaboración de estudos, programas, proxectos, plans e accións de desenvolvemento local e comarcal.

Fondo Galego de Garantía Agraria

O Fondo Galego de Garantía Agraria desenvolve as accións necesarias para a aplicación da Política Agraria Común no eido agrícola e gandeiro, respecto das axudas e subvencións con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) así como ás medidas de intervención e regulación de mercados das distintas Organizacións Comúns de Mercados (OCM) financiadas tamén polo dito Fondo.
 

Observatorio do Sector Lácteo de Galicia

Observatorio do Sector Lácteo ten as funcións seguintes: Analizar a situación do sector e as diferentes problemáticas que o afectan. Recompilar os datos técnicos e económicos que se lle remitan relativos ás explotacións de vacún de leite. Elaborar un sistema de información así como os índices de referencia que se consideren axeitados para o coñecemento da evolución do sector lácteo.

Proxecto “Valorización Analítica do Cefalotórax do Cangrexo Vermello (Chionoecetes opilio) para o seu Aproveitamento en Pensos Destinados a Acuicultura"

 

 

Aproveitamento dun subproducto resultante da manipulación a bordo de buques conxeladores adicados a esta especie, rico en proteínas e colorantes naturais, con potencial aproveitamento en pensos para acuicultura
 

Conteúdo sindicado