Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Projetos e iniciativas

Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estudos e Publicacións

Este servizo avalía as necesidades e inquedanzas do sector para promover a investigación nas materias que o mesmo demande, asumindo as funcións de asesoramento ao sector agrario e forestal nas cuestións de innovación e uso das novas tecnoloxías e difunde entre a sociedade o resultado dos coñecementos obtidos nos centros de investigación, estacións e laboratorios a través de actividades de formación como cursos, xornadas e outras actividades formativa; actividades de información e de documentación, con elaboración de documentos, tanto informes técnicos como publicacións; xeración e xestión d

Estación experimental agrogandeira de Pobra de Brollón

Estación experimental dedicada á agrogandería.
 

Estación experimental de gandaría de montaña Marco da Curra

Estación experimental dedicada á gandaría de montaña.
 

Estación experimental de viticultura e enoloxía de Ribadumia

 Esta estación desenvolve labores de asesoramento, orientación e ensaio especializados. Os seus servizos van dirixidos a particulares e a profesionais do sector. Os traballos de experimentación permiten a adopción das novas tecnoloxías e procedementos nas mellores condicións técnicas e económicas. Á difusión destes coñecementos contribúen as visitas concertadas e as actividades de formación.
 

Estación de viticultura e enoloxía de Galicia (EVEGA)

Esta estación ten coma fin o fomento e desenvolvemento tecnolóxico do sector vitivinícola galego a través da investigación aplicada, do asesoramento a viticultores e embotelladores e da formación. Nela realízanse análises para produtos derivados da vide. As funcións principais  son investigación, servizos ao sector, laboratorio de química enolóxica, asesoramento, transferencia tecnolóxica e formación.  Colabora en publicacións e tamén realiza as súas propias. Ten tamén unha laboura de difusión directa das tecnoloxías desenvolvidas mediante cursos, xornadas e visitas
 

Centro de investigacións agrarias de Mabegondo

Este centro ten a función de realizar investigacións aplicadas e básicas orientadas nas liñas de investigación preferentes dos programas de recursos e tecnoloxías agroalimentarias. Realiza tamén difusión directa da tecnoloxía desenvolvida a través dos Días de Campo, reunións específicas con sectores e grupos específicos (ovino, vacún, matadoiros e carniceiros...), visitas dos agricultores e alumnos de ensino técnico ás fincas e laboratorios do CIAM, xuntanzas co Servizo de Extensión Agraria, asesoramento dos investigadores a agricultores e institucións que así o demanden.

Centro de formación e experimentación agroforestal de Lourizán

Neste centro de formación ubicado en Lourizán ofértase formación de grao medio de traballos forestais e conservación do medio natural, e de grao superior de xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos. Entre as infraestruturas coas que contan cabe destacar un laboratorio de sementes e unha finca de 50 ha con máis de 150 especies arbóreas e leñosas.
 

Centro de formación e experimentación agroforestal "Pedro Murias"

A oferta de estudos neste centro comprende tres diferentes tipos de grao medio, explotacións gandeiras, explotacións agrarias extensivas e conserveira vexetal, cárnica e de peixe.
 

Centro de formación e experimentación agroforestal de Monforte

Neste centro de formación ofrécense estudos regrados e de garantía social, respecto dos primeiros contan cos graos medios das disciplinas de Explotacións gandeiras, Xardinería e Explotacións agrarias extensivas; no referente á formación de garantía social ofrécese o curso de Operario de explotacións agropecuarias.
 

Centro de formación e experimentación agroforestal de Becerreá

En este centro de formación e experimentación ofértanse estudos regrados de grao medio e grao superior, Traballos forestais e conservación do medio natural e Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos, respectivamente. Para elo conta cunhas infraestruturas escepcionais coma por exemplo un taller de 196 metros cadrados, naves para o gando vacún con instalacións para o muxido, unha nave de instalacións agrarias de 373 metros cadrados e unha finca prácticas de 72 ha.
 

Conteúdo sindicado