Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Natureza

Aula da Natureza A Casa da Ría

"Se ubica en el Monte de Santa Cruz, cuenta con sala de audiovisuales, exposición y observatorio astronómico (instalaciones con cupula giratoria únicas en Lugo), aula de la naturaleza
 Las réplicas de aves que alli se encuentran son accesibles a personas que padecen de ceguera."
 

Recollida selectiva porta a porta de aparellos eléctricos e electrónicos.

Esta boa práctica consiste na reciclaxe dos lodos xerados no proceso de tratamento das augas da comarca na estación depuradora de Arazuri. O feito de que estes lodos fosen de gran calidade e baixo contido en metais pesados fixo que fosen aptos para o seu aproveitamento coma, abono, compost e recebo coa consecuente gran aceptación por parte dos agricultores.
Arazuri (Navarra).
 

Aula do Mar

Referente entre os ornitólogos españois e europeos á hora de observar aves mariñas no seu propio medio. Embarcados na Aula do Mar os ornitólogos poden aproximarse ás rutas de migración mariña destas especies co fin de censar grupos, estudar o seu patrón migratorio e advertir a presenza de especies esquesas que, dende a costa, serían difíciles de localizar.
 

Albergue Rural A Escola

Albergue Rural A Escola

Sistema de xestión medioambiental nunha área do Concello.

 Esta boa práctica levouse a cabo mediante a implantación dun sistema de xestión medioambiental no Departamento de Agricultura, Gandeiría, Montes, Medio Ambiente e Xuntas Administrativas do Concello de Amurrio, segundo o Regramento (CE) 761/2001 EMAS. Froito da implantación do sistema de xestión conseguiuse unha boa xestión ambiental dos montes públicos mediante unha xestión en continua mellora e con oportunidades de aforro económico.
Amurrio (Álava).
 

Vigozoo

Zoolóxico situado en Vigo que exerce unha labor divulgativa das características e costumes dos animais que alí residen. Este zoo persegue os obxectivos de conservación, investigación e educación. Para elo estanse protexendo e conservando diferentes especies, fanse colaboracións en estudos de investigación e realízanse actuacións educativas para os distintos sectores do público visitante, que mediante a adquisición de valores e coñecementos os axuda a comprender o estado actual do medio ambiente e a actuar en consecuencia.
 

Foro pola sustentabilidade.

Tratouse neste foro de xerar unha cauce permanente entre o concello e a cidadanía con obxectivo de ser o órgano impulsor e avaliador da Axenda Local 21 do municipio. Logrouse a consolidación desta canle de comunicación conseguindo así a recollida da percepción cidadá e elaboración e seguimento do plan de acción local.
Alonsotegi (Bizkaia).
 

Selva Lupi

Escola de Natureza que nace cos obxectivos de intervir educativamente no tempo libre do público interesado en xeral, con programas de actividades específicos para diferentes colectivos, fomentando neles o coñecemento e o interese polo medio ambiente, e promovendo así un cambio de actitudes de cara ao respecto e coidado do entorno. Así tamén, serve de apoio a centros de ensinanza, tanto de primaria e secundaria coma de ensinanza non obrigatoria , actuando coma un recurso educativo no ámbito do medio natural e rural.
 

Plan director contra a contaminación lumínica.

O plan implantado trata de adecuar o alumeado público para reducir a contaminación lumínica do concello, recuperar a cúpula celeste coma patrimonio natural e permitir a súa observación. Ademais do concello promoveu este plan a Sociedade Astronómica de Figueres. O plan ten coma obxectivos evitar a dispersión cara o ceo, a intrusión lumínica, o deslumeamento e os efectos negativos sobre a biodiversidade, ademais do sobreconsumo de electricidade. A redución de emisión incontrolada de fluxo lumínico á atmósfera foi considerable sumado a un consecuente aforro enerxético e económico.

Conteúdo sindicado