Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Publicações

Plan de continxencia de Bursaphelenchus xilophilus

Este documento trata do nematodo Bursaphelenchus xylophilus actualmente en corentena en Europa e causante da doenza coñecida comunmente coma "Pine Wilt Disease". Explica tanto a morfoloxía, identificación e ciclo biolóxico tanto do nematodo coma do insecto que o propaga. Seguidamente fala das prospeccións realizadas, o obxectivo déstas e a elección dos lugares prospectados. Comenta a especie arbórea elexida na nosa comunidade á vez que define o réxime de mostraxe a levar a cabo e a colocación de trampas para evitar a propagación deste nematodo.

Situación de los Bosques del Mundo 2009

Este documento ten en conta o futuro próximo dos bosques e a actividade forestal nos ámbitos subrexional, rexional e mundial. Partindo da base dos estudos periódicos de perspectivas do sector forestal realizados pola organización FAO, analízanse os efectos que factores externos, coma os cambios demográficos, económicos, institucionais e tecnolóxicos poderían provocar nos bosques. A globalización e mellora das comunicacións fixo que os escenarios rexionais estarán cada vez máis relacionados entre sí.

Díptico sobre a aula forestal Os Trollos

Neste díptico amósase a aula forestal Os Trollos. Explícase onde se sitúa e como chegar. Asimesmo no díptico plásmanse os bloques temáticos que se abordan na mencionada aula forestal.
Organismo promotor:Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia. Rede de Aulas Forestais da Provincia de Lugo.

 

Díptico sobre a aula forestal Viveiro de Areas

Neste díptico explícanse os obxectivos, actividades, horarios e organización da visita na aula forestal Viveiro de Areas.
Organismo promotor: Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Montes.

 

Aulas Forestais

Este documento explica en qué consisten as aulas forestais, os seus obxectivos e as distintas aulas que existen polo territorio galego.
Organismo promotor:Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia.

 

Actuacións de Silvicultura

Documento no cal a Dirección Xeral de Montes explica as actuacións relativas a Silvicultura levadas a cabo.
Organismo promotor:Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia.

 

Plan de Prevención e Defensa contra os incencios forestais de Galicia (PLADIGA)

Este documento establece a estrutura organizativa e os procedementos para a prevención , detección, extinción e investigación de incendios forestais segundo as épocas de perigo. Establece as épocas de perigo, relacionadas co risco de incendios forestais, en función das previsións xerais e dos diferentes parámetros locais que definen o risco. Pretende reducir ao máximo posible as consecuencias ecolóxicas, económicas e sociais producidas polos incendios forestais. Establecer os obxectivos e as actuacións e desenvolver no ano 2010 para facer fronte aos incendios forestais.

Estratexia Galega fronte ao Cambio Climático

Autores - Colaboradores: 

Xosé Manuel Barreiro Fernández. Francisco Maseda Eimil
 

Comeza cunha introdución sobre o que é o cambio climático inducido pola acción humana mediante a emisión de GEI,continúa coa resposta institucional por parte dos distintos ámbitos (internacional, europea, nacional e galega). Seguidamente plasma a necesidade de levar a cabo unha estratexia para facer fronte ao Cambio Climático e expón como desenvolver dita estratexia ,mediante actuacións para dar a coñecer o coñecemento do clima e do Cambio Climático, políticas de redución de emisións, de promoción de sumidoiros e medidas de minimización dos efectos producidos polo Cambio Climático.

Actuacións e problemática do Cambio Climático

Esta presentación plantexa o reto de abordar o problema do Cambio Climático á vez que presenta as oportunidades de reflexionar sobre as interacións co planeta,integrar saberes e coñecementos, crear políticas novas e actualizadas, introducir novas tecnoloxías  e aplicar métodos e ferramentas de avaliación. Plantexa un borrador de estexia galega contra o cambio climático.
Organismo promotor:Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente.

 

O fenómeno do Cambio Climático

Este documento trata o tema do Cambio Climático. Comeza explicando o que son os GEI e as súas consecuencias para o planeta. A continuación trata o Protocolo de Kioto, o seu obxectivo, os gases aos cales se aplica e as medidas a tomar polos países que ratificaron dito protocolo e detense a explicar un dos obxectivos do protocolo que é o inventariado das emisións. Por último menciona a situación de Galicia en canto a emisións deste tipo de gases e as medidas tomadas pola Administración galega para a mellora neste tema.

Conteúdo sindicado