Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Buenas Prácticas

Viveiro municipal de plantas autóctonas.

Este concello tomou a iniciativa de por en marcha un viveiro de plantas autóctonas xestionado por voluntariado local, cunha produción suficiente para atender parte das necesidades locais. Logrouse deste xeito dispor de máis de 1500 pés de plantas autóctonas utilizadas para as rehabilitacións forestais, áreas verdes do concello e zonas adxacentes.
Asparrena (Álava).
 

Xestión sustentable dos bosques públicos.

Neste municipio deuse un impulso a unha xestión forestal sustentable coa intención de compatibilizar o rendemento económico forestal co rendemento ambiental e social conseguindo deste xeito a Certificación forestal Paneuropea. Logrouse tamén a rehabilitación dos bosques locais e a súa adecuación para o uso público.
Amurrio (Alava).
 

Estudo do municipio dende a óptica da sustentabilidade.

O concello de Sondika decidiu criterios vinculados á sustentabilidade nos temas relacionados co desenvolvemento e a ordenación territorial do municipio. Froito desta decisión prodúxose un aumento do grao de coñecemento dos problemas ambientais do concello, o que dá lugar a unha reflexión global e maior sensibilización a nivel municipal.
Sondika (Bizkaia).
 

Creación dunha zona verde fluvial.

Nesta cidade levouse a cabo a recuperación ambiental da marxe dereita do río Oria e a creación de espazos verdes de ribeira.

Peatonalización e mellora de infraestruturas do casco histórico.

Esta práctica baséase na rexeneración física, funcional e social da vida urbana do casco histórico. Recuperouse a centralidade comercial, de ocio e relación do centro de Durango, ademais da mellora da infraestrutura de saneamento e accesibilidade, eliminación de barreiras arquitectónicas, instalación de alumbrado,restricción dos vehículos motorizados dentro do casco e recuperación do colorido tradicional dos edificios. Conseguiuse ademais do plantexado a mellora na xestión de residuos, limpeza viaria e vertidos incontrolados.
Durango (Bizkaia).
 

Revisión do planeamento urbanístico con criterios de sustentabilidade.

Co desenvolvemento da Axenda 21, levouse a cabo a revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana e a súa preceptiva Avaliación conxunta de impacto ambiental. Froito de esta revisión integráronse criterios de sustentabilidade nos principais documentos estratéxicos da cidade e mellora da comunicación interadministrativa.
Donostia-San Sebastián (Gipuzkoa).
 

Plan de accesibilidade e mobilidade.

 Levouse a cabo nesta práctica a priorización dos itinerarios peonís dentro do municipio e a potenciación para todas as persoas tanto no casco urbano coma nas urbanizacións e edificios públlicos. Logrouse unha mellora global da accesibilidade, tanto na vía pública coma nos edificios municipais e a introdución dos criterios de accesibilidade nos plegos de urbanización.
Artea (Bizkaia).
 

Xestión integral de residuos urbanos con participación cidadá.

Esta boa práctica parte da implantación dunha forma racional e integrada de tratamento de residuos sólidos contando para isto cun proceso altamente participativo e que inclúe a construcción dunha planta de reciclaxe e compostaxe dando servizo ao 100% da poboación, reintroducíndose os produtos no ciclo produtivo a través de empresas de economía local.

Recollida selectiva porta a porta de aparellos eléctricos e electrónicos.

Esta boa práctica consiste na reciclaxe dos lodos xerados no proceso de tratamento das augas da comarca na estación depuradora de Arazuri. O feito de que estes lodos fosen de gran calidade e baixo contido en metais pesados fixo que fosen aptos para o seu aproveitamento coma, abono, compost e recebo coa consecuente gran aceptación por parte dos agricultores.
Arazuri (Navarra).
 

Fomento da compostaxe no medio rural.

 Para levar a cabo esta boa práctica procedeuse á implantación da compostaxe nas zonas de Mungia onde sí era viable: caseríos de zonas rurais e barrios periféricos. O principal logro foi o establecemento dun programa de apoio á compostaxe da fracción orgánica dos residuos domiciliarios e de xardiñería dos barrios periféricos, xunto coa sensibilización no respecto polo entorno e educación nas novas experienzas de compostaxe.
Mungia (Bizkaia).
 

Distribuir contenido