Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Proyectos e iniciativas

Un final non definitivo.

A creación desta empresa é froito do coñecemento dos donos do mundo empresarial ao identificaron potenciais mercados e a evolución das normativas condicionantes. Esta empresa está autorizada para a destrucción dos vehículos comprometéndose a descontaminalos. Ata quince residuos terán que ser extraídos e recollidos convenientemente para posteriormente seren xestionados por empresa autorizada. Agora é un auténtico núcleo industrial de reciclaxe.

Tecnoloxía ao servizo dos gandeiros.

Dous dos creadores vencellados ao mundo da informática co obxectivo de aportar algo positivo ao mundo gandeiro apostaron pola innovación e a tecnoloxía no mundo agropecuario desenvolvendo un software de aplicación gandeira obtendo coma resultado o primeiro programa informático galego para explotacións de vacún de leite. Este programa informático adáptase perfectamente ás granxas da zona por estar en contacto directo cos usuarios. Tamén crearon a Curro un robot de limpeza para explotacións de vacún.

Dende a reciclaxe á reutilización.

A importancia do sector agropecuario nesta zona xunto coa dificultade para a xestión de moitos residuos sólidos (urbanos e non urbanos) sumado todo ao incremento na zonado cultivo de millo que carecía de fertilizantes propios a baixo custo tivo coma resposta a creación desta empresa.

Ler.

Esta empresa persegue achegar ás pequenas poboacións o servizo disponible nunha gran cidade e con outra sensibilidade, creando un sistema de franquicias. A primeira franquicia inaugurouse en Valencia no 2003 e foi moita xente a interesada. Aos libreiros destas franquicias ofréceselles os coñecementos e liñas directrices básicas da filosofía da empresa formándoos nun espírito de implicación. A empresa consegue mediante este sistema de franquicias mellorar a eficiencia de custos e ofertas grazas ao funcionamento en cadea.
Santa Comba.
 

Solucións reais no rural virtual.

Ésta é unha empresa NTIC, adícase ao deseño e programación web, formación, marketing, asesoramento técnico, redes, mantemento… Os socios, a maioría de Bueu, buscando un ambiente tranquilo para as actividades que desenvolven apostaron por ubicarse nunha zona rural. A aplicación das novas tecnoloxías e internet no rural -consideran- son factores de eficiencia e  competitividade empresarial por elo as infraestruturas necesarias para elo son un aspecto clave, co logro disto a discriminación do rural respecto do eido urbano quedaría aminorado.

Plantas curativas ao pé do Camiño de Santiago.

A empresa xurde da iniciativa de tres titulados en paro que retornan ao rural coa idea de crear unha empresa adicada á produción de plantas mediciñais e produtos derivados. Comezaron preparando saquiños de infusións e despois pasáronse tamén aos produtos de cosmética e saúde para a pel. Os peregrinos do Camiño Francés son unha gran fonte de ingresos pois poden dende mercar produtos moi específicos para eles coma para convatir as chagas nos pés ata tomarse un zume de limón, menta e milfollas no bar-cafetería.

Currais de 7000 galiñas.

Esta empresa familiar está dirixida pola neta do propietario orixinario das terras e o pazo onde se ubica. A empresaria é unha licenciada en Ciencias Económicas moi formada neste campo que ao nun principio se supo rodear de xente coñecedora e con experiencia para levar a cabo o seu proxecto. A empresa conta con 5 granxas con 35.000 galiñas en semiliberdade producindo 30.000 ovos campeiros ao día.

Unha granxa moi peculiar.

Esta iniciativa pretende explorar un mercado totalmente novedoso e desabastecido, constituíndose coma a primeira granxa deste tipo en toda España. A granxa consta de dúas naves deseñadas po dous enxeñeiros da zona.
Pontes de García Rodriguez.
 

Que hai de novo vello?

A iniciativa partiu da Sociedade de Cazadores de Portas co obxectivo de xestionar e manter a poboación do coello autóctono do Tecor ( Terreo Cinexéticamente Ordeado). Estes animais están criados en semiliberdade nunha extensión de terreo de unha hectárea obtida como concesión dun monte comunal e unhas instalacións de 6500 metros cadrados.

Rico, rico… con sabor a mar.

Esta é unha empresa que comezou adicándose ao cultivo e comercio do champiñón previa formación dos propietarios e cunha continua reciclaxe de coñecementos mediante viaxes ao extranxeiro buscando novos avances, unha continua reciclaxe que tamén aplicaban aos seus envases, materiais publicitarios e papel que utilizaban. A demanda do mercado cambiou e optaron polo cultivo e comercio dos cogomelos apostando por especies descoñecidas "plerotus" e "shitak".

Distribuir contenido