Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Medio Rural

Centro de formación e experimentación agroforestal de Becerreá

En este centro de formación e experimentación ofértanse estudos regrados de grao medio e grao superior, Traballos forestais e conservación do medio natural e Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos, respectivamente. Para elo conta cunhas infraestruturas escepcionais coma por exemplo un taller de 196 metros cadrados, naves para o gando vacún con instalacións para o muxido, unha nave de instalacións agrarias de 373 metros cadrados e unha finca prácticas de 72 ha.
 

Centro de formación e experimentación agroforestal de Sergude

Este centro de formación conta cunha oferta de estudos regrada de Traballos forestais e conservación do medio natural, Xestión e organización de empresas agropecuarias e Explotacións agrarias extensivas.
 

Centro de formación e experimentación agroforestal de Guísamo

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo depende da Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. O seu obxectivo é respostar ás necesidades formativas das/dos profesionais, entidades, asociacións e poboación relacionada con actividades agrogandeiras, forestais e dinamización do medio rural.

Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia: Museo da Gandería e museo vivo

No museo da gandaría recolle a historia da gandaría dende o seu inicio ata a actualidade. Os seus fondos vanse incrementando cos aportes dos criadores. No museo vivo mostran as razas ás persoas que alí acoden.
 

Proxecto RONSEL

O Proxecto RONSEL pretende a documentación e investigación exhaustiva de todo   patrimonio inmaterial galego, ademais da súa promoción, protección, difusión e transmisión. Preténdense abordar estas tarefas de xeito científico para maximizar a súa eficacia.
 

Banco de Terras de Galicia

Supón a mobilización de terras agrarias mediante aluguer, é un banco público onde calquera persoa pode inscribir de xeito voluntario as súas fincas para permitir que sexan arrendadas por períodos máximos de 5 anos. É un intento por parte da Xunta de Galicia de crear riqueza e emprego mediante o arrendamento de fincas agrarias abandoadas ou improdutivas.
 

Programa estratéxico de infraestruturas do Medio Rural

O Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural teñen o obxecto de racionalizar os investimentos en obras de infraestruturas. Elaborou as directrices para un plano de investimentos na totalidade dos concellos galegos, que se desenvolve de acordo cuns criterios básicos entre os que se sinalan proxectos destinados a dinamizar a base produtiva e a fixar poboación no ámbito rural, co fin de dignificar e de mellorar a súa calidade de vida.
 

Conteúdo sindicado