Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Economía

Reserva da Biosfera "Terras do Miño".

Comprende el cuarenta por ciento de la totalidad de la provincia de Lugo y conforma la segunda Reserva de la Biosfera en extensión de España. A lo que hay que incluír los 160.000 habitantes que en ella viven y para los cuales esta declaración de la UNESCO pretende fomentar un desarrollo económico que sea cultural y ecológicamente sostenible.
Ourol, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo, Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiríz, Muras, Vilalba, Xermade, Meira, Pol, Riotorto, Castroverde, Friiol, Guntín, Lugo, O Corgo, Outeiro de Rei, Rábade, Baralla, Láncara e O Páramo.

Abrindo portas…e facéndoas.

Empresa adicada a fabricación de portas. A maioría dos seus empregados son persoas pertencentes ao colectivo de discapacitados. A zona na cal se levou a cabo este proxecto sofre unha forte regresión do sector primario, cando tradicionalmente non foi así. Os orixes deste proxecto comezaron coa realización dun curso de carpintería xeral promovido pola Asociación de discapacitados da Bisbarra de Muros a través do plan FIP. Esta empresa proporciona integración social e empresarial a este colectivo. Colaboran con COGAMI (Confederación Galega de Minusválidos).
 

Sendo precisos no rural.

O creador da empresa tras unha experiencia acumulada noutros paises e importantes empresas do sector, regresa a Galicia onde establece un taller ao carón da súa casa na parroquia de Crendes na cal se realizará a implantación de procesos tecnolóxicamente avanzados contando cunha tecnoloxía exclusiva e chegando a se referencia mundial nalgún ámbito. O afán do creador da empresa polos resultados fiables e a búsqueda da exactitude foron responsables de chegar a dar este paso.
Abegondo.
 

Un final non definitivo.

A creación desta empresa é froito do coñecemento dos donos do mundo empresarial ao identificaron potenciais mercados e a evolución das normativas condicionantes. Esta empresa está autorizada para a destrucción dos vehículos comprometéndose a descontaminalos. Ata quince residuos terán que ser extraídos e recollidos convenientemente para posteriormente seren xestionados por empresa autorizada. Agora é un auténtico núcleo industrial de reciclaxe.

Tecnoloxía ao servizo dos gandeiros.

Dous dos creadores vencellados ao mundo da informática co obxectivo de aportar algo positivo ao mundo gandeiro apostaron pola innovación e a tecnoloxía no mundo agropecuario desenvolvendo un software de aplicación gandeira obtendo coma resultado o primeiro programa informático galego para explotacións de vacún de leite. Este programa informático adáptase perfectamente ás granxas da zona por estar en contacto directo cos usuarios. Tamén crearon a Curro un robot de limpeza para explotacións de vacún.

Dende a reciclaxe á reutilización.

A importancia do sector agropecuario nesta zona xunto coa dificultade para a xestión de moitos residuos sólidos (urbanos e non urbanos) sumado todo ao incremento na zonado cultivo de millo que carecía de fertilizantes propios a baixo custo tivo coma resposta a creación desta empresa.

Unha granxa moi peculiar.

Esta iniciativa pretende explorar un mercado totalmente novedoso e desabastecido, constituíndose coma a primeira granxa deste tipo en toda España. A granxa consta de dúas naves deseñadas po dous enxeñeiros da zona.
Pontes de García Rodriguez.
 

Que hai de novo vello?

A iniciativa partiu da Sociedade de Cazadores de Portas co obxectivo de xestionar e manter a poboación do coello autóctono do Tecor ( Terreo Cinexéticamente Ordeado). Estes animais están criados en semiliberdade nunha extensión de terreo de unha hectárea obtida como concesión dun monte comunal e unhas instalacións de 6500 metros cadrados.

Rico, rico… con sabor a mar.

Esta é unha empresa que comezou adicándose ao cultivo e comercio do champiñón previa formación dos propietarios e cunha continua reciclaxe de coñecementos mediante viaxes ao extranxeiro buscando novos avances, unha continua reciclaxe que tamén aplicaban aos seus envases, materiais publicitarios e papel que utilizaban. A demanda do mercado cambiou e optaron polo cultivo e comercio dos cogomelos apostando por especies descoñecidas "plerotus" e "shitak".

Quen da máis… na horta?

Proxecto que xurde da necesidade de novas canles de comercialización para os produtores hortícolas desa zona do Salnés. Co coñecemento previo por parte dun dos socios doutras iniciativas similares, crearon a primeira lonxa de produtos agrícolas de Galicia. Esta lonxa conta cun sistema de poxa que garante transparencia, seguridade e informacion o que é definitorio dunha nova relación entre comprador e vendedor. Convenceuse aos produtores destes produtos buscando incentivos e co tempo foron conseguindo que moitos comercializaran a través da lonxa.

Distribuir contenido