José Luis Ollero Beriaín
Os programas e actividades de educación ambiental orientados a rapaces, xóvenes e adultos deben procurar transmitir e acadar experiencias novas para o desenvolvemento das súas capacidades. A exploración do mundo dos sentidos, do sensorial e emocional na natureza son experiencias de transformación que posibilitan o desenvolvemento do potencial humano e que provocan un cambio de actitude sobre o medio natural. Despois de tres anos de traballo, o Centro de Natureza " El Remolino" desenvolveu unha metodoloxía de traballo, a cal pretende que as actividades se convertan en experiencias vitais para que se produzan cambios individuais e sociais que provoquen unha mellora ambiental e un desenvolvemento sustentable.
Organismo promotor: Organismo Autónomo Parques Nacionales