Francisco Prado Armada. Luis Méndez.
O Sendeiro Rural de Galicia é unha proposta atractiva e diferente para coñecer o medio rural galego, camiñando ou en bicicleta, desde arredores de Vigo ata Santiago de Compostela. Esta guía do Sendeiro Rural de Galicia (GR-94) dá a coñecer un dos percorridos homologados pola Federación Galega de Montañismo, pensado para gozar da natureza e do patrimonio histórico e natural. Trátase dun sendeiro de longo percorrido que os seus autores, Paco Armada e Luís Méndez, experimentados montañeiros, dividen en sete sectores fáciles de realizar, para adaptalos a todo tipo de camiñantes, expertos e novatos. O libro inclúe unha descrición detallada do percorrido e o seu entorno: mapas, fotografías, información detallada sobre os lugares de paso (Castelo de Soutomaior, pontes medievais de Comboa e San Xusto, petroglifos de Campo Lameiro, aldeas como Vilarchán, Moimenta, Cequeril e Luou, con mostras do románico, etc).