Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Clúster Alimentario de Galicia

 O obxecto da Asociación consiste en contribuír ao fortalecemento, potenciación, crecemento sustentable e mellora da competitividade e da internacionalización do sector alimentario, en xeral, de Galicia, como un dos sectores estratéxicos máis importantes do país. Este obxecto desenvolverase mediante a promoción da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, así como da mercadotecnia. O Clúster Alimentario de Galicia ten coma finalidade ser recoñecido coma Cluster Empresarial Galego e Agrupación Empresarial Innovadora (AEI) o que permitira desenvolver novas actuacións e ofrecer servizos aos asociados por medio de fomento de colaboracións científicas e tecnolóxicas, elaboración de estudos socioeconómicos e plans estratéxicos, formación de persoal, accións de promoción e divulgación, e desenvolvemento de proxectos científico-técnicos, entre outras.