Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Proxecto ILDER

O proxecto ILDER (Inserción Laboral no Desenvolvemento Rural ) é un proxecto coordinado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) aprobado ao abeiro da 2ª convocatoria da Iniciativa Comunitaria EQUAL. A Agrupación de Desenvolvemento que o participa está composta por sindicatos agrarios, empresas, administracións e outras entidades ligadas ao medio rural galego. As liñas que segue este proxecto son  posta en funcionamento dunha infraestrutura de servizos encamiñados á motivación de emprendedores, xeración de ideas empresariais e apoio a creación de empresas no medio rural ; e tamén a posta sobre o terreo de axentes dinamizadores encargados de fomentar e apoiar a creación de empresas en contacto coa poboación local.