As rías de Ortigueira e Ladrido constitúen un sistema típico de estuario, con saída a mar aberto. O estuario confórmano a desembocadura dos ríos Mera e Ladrido, desembocando tamén os ríos Casón, Pequeno e Maior na ría de Ortigueira e o regato de Barrros e outros da ría de Ladrido. Polo interés ornítico destacan tres áreas: a enseada de Ladrido, a de Mera e a de Caleira, O grupo máis importante de aves é o dos limícolas.