O complexo intermareal Umia-Grove é unha chaira inmensa de fango con illotes no seu interior. O río principal é o Umia que confire unhas características peculiares á zona onde desemboca (zona nororiental). O resto de aportes fluviais corresponde a pequenos regatos ocasionais, excepto o río A Chanca que presenta unha importancia relativa. Está clasificado como de Importancia Internacional, según os criterios botánicos de Santos Cirujano, encontrándose no complexo varios endemismos florísticos. Abundan as especies de limícolas e anátidas tanto en paso como invernantes, xunto cun número elevado de ardeidas invernantes. Na Lanzada atópanse especies raras como Colimbos (Gavia sp.), Havelda (Clangula hyemalis), Zampullín Cuellinegro (Podiceps nigricollis) e Negrones Comúns (Melanitta nigra). Destaca a presenza de Pluvialis squatarola. Pero a súa maior importancia débese aos elevados números de limícolas invernantes.