Con Bandeira Azul dende 1997, As Catedrais é tamén o principal reclamo turístico da Mariña lucense debido á beleza e á espectacularidade das súas formacións rochosas, que semellan arbotantes góticos e forman covas de gran altura por mor do efecto da erosión mariña sobre os seus cantís de lousa e xisto.