Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Senda de Santa Marta.

O camiño sobe suavemente ata enlazar cunha pista que percorre a ladeira do monte de Santa Marta. Xunto a unhas antenas sae unha derivación cara a un miradoiro que, a máis de 200 metros de altitude, ofrece excelentes vistas sobre o val do río Miño e a vila de Ribadavia. Pásase xunto a unhas antigas minas de volframio para iniciar o descenso cara a San Paio e obter unha panorámica do encoro de Castrelo de Miño e a igrexa de Santa María.
(Ribadavia)  Monte de Santa Marta, Santa Cristina, San Paio.