Esta rota vai dende Ourense capital ata a aldea de Padrendo. Pódense visitar o mosteiro de Celanova, a igrexa visigótica de Sta. Comba de Bande, o campamento romano de Aquis Querquennis, as augas termais do río Caldo e a antiga Vía Nova romana con restos da súa calzada e numerosos miliarios. Pequenos desvíos achégannos ata o barroco da igrexa da Terrachá ou o Parque Megalítico de Muíños. A ruta discorre polo val, entre os somontes da Serra de Sta. Eufemia e a do Xurés.
Padrendo, A Chan do Ventoselo, Torneiros y Padrendo.