Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Desenvolvemento rural

Impulso vitivinícola do Ribeiro

Este proxecto integral abrangue todos os puntos estratéxicos: infraestruturas, capital humano, superficie territorial, variedade dos viñedos, promoción da calidade dos viños e modernización das explotacións.
 

Actuación global de infraestruturas na Ribeira Sacra lucense

Este proxecto intégrase dentro das prioridades da Consellería do Medio Rural de impulsar a zona sur da provincia de Lugo. As posibilidades produtivas, climáticas, edafolóxicas, mesmo paisaxísticas, turísticas e de ocio, fan desta comarca unha das prioridades para poñela en valor.

Proxecto ILDER

O proxecto ILDER (Inserción Laboral no Desenvolvemento Rural ) é un proxecto coordinado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) aprobado ao abeiro da 2ª convocatoria da Iniciativa Comunitaria EQUAL. A Agrupación de Desenvolvemento que o participa está composta por sindicatos agrarios, empresas, administracións e outras entidades ligadas ao medio rural galego.

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia

SODECO configúrase como unha sociedade anónima de carácter instrumental e de servizos de apoio ao desenvolvemento territorial, constituída pola Xunta de Galicia cuxo obxecto é a realización de actividades de investigación e a prestación de servizos relacionados cos estudos e a planificación territorial e o desenvolvemento comarcal. Así mesmo, encárgase da elaboración de estudos, programas, proxectos, plans e accións de desenvolvemento local e comarcal.

Programa estratéxico de infraestruturas do Medio Rural

O Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural teñen o obxecto de racionalizar os investimentos en obras de infraestruturas. Elaborou as directrices para un plano de investimentos na totalidade dos concellos galegos, que se desenvolve de acordo cuns criterios básicos entre os que se sinalan proxectos destinados a dinamizar a base produtiva e a fixar poboación no ámbito rural, co fin de dignificar e de mellorar a súa calidade de vida.
 

Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA)

Centro de recuperación, estudo e difusión do patrimonio educativo galego
 

Proxecto FARLAND

FARLAND “Future Approaches to Land Development” é un proxecto de cooperación transnacional impulsado baixo a iniciativa comunitaria INTERREG III encamiñado a fomentar o intercambio de experiencias e coñecemento no campo da xestión da terra entre rexións europeas.
 

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) é un ente público da Xunta de Galicia que promove e coordina o desenvolvemento rural en Galicia. Este desenvolvemento ten como finalidade mellorar a calidade e condicións de vida dos habitantes do medio rural ao tempo que contribúe á cohesión do territorio galego. AGADER elabora estratexias, planifica actuacións, coordina e xestiona recursos destinados ao desenvolvemento do medio rural.

Agenda 2000

Establece un conxunto de reformas das políticas da UE, incluída a agricultura , acordadas na Cumbre de Xefes de Estado ou de Goberno da UE, no Consello Europeo de Berlín, celebrado en maio de 1999, que fixou as "Perspectivas Financieiras" para o presuposto da UE a partires do 2000-2006.
Organismo promotor:Comisión Europea
 

Conferencia de Salzburgo 2003 (Conclusións e Programa)

"A Conferencia de Salzburgo é un seguemento da Conferencia de Cork sobre desenrolo rural (1996), que abriu un amplo debate sobre a política de desenrolo rural. Ese proceso culminou na Agenda 2000, que viu a política de desenrolo rural establecido coma o segundo pilar da política agrícola común. A conferencia ofrece unha oportunidade para unha ampla reflexión sobre a experiencia da actual xeración de programas de desenrolo rural que vai dende 2000-2006, e extraer leccións e conclusións para a próxima xeración de programas durante o período 2007-2013.

"

Conteúdo sindicado