Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Urbanismo

Peatonalización e mellora de infraestruturas do casco histórico.

Esta práctica baséase na rexeneración física, funcional e social da vida urbana do casco histórico. Recuperouse a centralidade comercial, de ocio e relación do centro de Durango, ademais da mellora da infraestrutura de saneamento e accesibilidade, eliminación de barreiras arquitectónicas, instalación de alumbrado,restricción dos vehículos motorizados dentro do casco e recuperación do colorido tradicional dos edificios. Conseguiuse ademais do plantexado a mellora na xestión de residuos, limpeza viaria e vertidos incontrolados.
Durango (Bizkaia).
 

Revisión do planeamento urbanístico con criterios de sustentabilidade.

Co desenvolvemento da Axenda 21, levouse a cabo a revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana e a súa preceptiva Avaliación conxunta de impacto ambiental. Froito de esta revisión integráronse criterios de sustentabilidade nos principais documentos estratéxicos da cidade e mellora da comunicación interadministrativa.
Donostia-San Sebastián (Gipuzkoa).
 

Plan director contra a contaminación lumínica.

O plan implantado trata de adecuar o alumeado público para reducir a contaminación lumínica do concello, recuperar a cúpula celeste coma patrimonio natural e permitir a súa observación. Ademais do concello promoveu este plan a Sociedade Astronómica de Figueres. O plan ten coma obxectivos evitar a dispersión cara o ceo, a intrusión lumínica, o deslumeamento e os efectos negativos sobre a biodiversidade, ademais do sobreconsumo de electricidade. A redución de emisión incontrolada de fluxo lumínico á atmósfera foi considerable sumado a un consecuente aforro enerxético e económico.

Estudo atmosférico da zona industrial.

Levouse a cabo un estudo da calidade do aire en zona industrial con problemas de emisións á atmósfera de xeito periódico. Dito estudo obtivo coma resultado que os valores son incluso menores que en áreas urbanas. Este estudo serve coma base de información que permite comparala con outros estudos (médicos, estatísticos, etc.).
Hernani (Guipuzcoa).
 

Accións para a redución e control da contaminación acústica.

Estas accións resúmense na elaboración dun mapa de ruído municipal para determinar os niveis de ruido en cada zona e as súas fontes así coma unha posterior execución para reducilos. Os principais logros destas accións consistiron na identificación das fontes principais de ruído, unha definición das vías para resolver os conflictos entre a poboación e as actividades máis ruidosas, así coma a aprobación dunha ordenanza municipal de ruído interior.
Hernani (Guipuzcoa).
 

Parque Agrario do Baix Llobregat (Barcelona)

Gestión de extensa zona agrícola de 3.000 Ha co fin de preservala da presión urbanística e introducindo unha agricultura viable económicamente con cultivos coma hortalizas e froitas.
Comarca del Baix Llobregat (Barcelona).
 

Diagnóstico sociourbanístico do barrio de Las Fuentes e propostas de actuación para o 2025 (Zaragoza)

Estudo sociolóxico dun barrio da cidade de Zaragoza cunha importante aportación de da participación cidadá. Dito estudo realizouse coa finalidade de que os datos obtidos sexan tidos en conta polo concello para unha transformación urbana no horizonte do 2025 onde o social e o urbanismo teñan igual protagonismo.
Zaragoza.
 

Plan integral de mellora e recuperación urbanística do distrito de Ciutat Vella (Barcelona)

Plan de recuperación co obxectivo de eliminar os déficits estructurais existentes no núcleo urbano da cidade de Barcelona onde á degradación urbanística se suma unha degradación de tipo social. Este plan permite unha intervención consistente na creación de distintos instrumentos organizativos a diferentes escalas nun proceso continuado.
Barcelona.
 

Propostas de revitalización urbana do barrio de Delicias (Zaragoza)

Consistente na rehabilitación dun barrio en Zaragoza, orientada a superar os desequilibrios presentes na planificación, mellorando a calidade e a funcionalidade dunha zona chamada a cumprir un papel de nova centralidade no futuro.

Creación do novo distrito de Kronsberg en Hannover (Alemania)

Desenvolvemento do distrito de Kronsberg co obxectivo de lograr un modelo de desenvolvemento sustentable no ámbito urbano cubrindo ao mesmo tempo as necesidades de nova vivenda. Na súa construcción adoptáronse os elementos máis innovadores.
Hannover (Alemania).
 

Conteúdo sindicado