Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Coperação

Asociación Galega de Axuda ó Sáhara

Asociación que realiza accións de intervención directa, sesibilización e formación regrada no Sahara.
 

Rede Cooperación Coruña Solidaria

A Rede Cooperación Coruña Solidaria é un espazo de participación cidadá integrado por 150 entidades da cidade. Son entidades que traballan polo benestar de toda a cidadanía e que adican un esforzo especial ao traballo cos coletivos en desventaxa social.
 

Fundación Axencia Humanitaria de Galicia (FAHG)

É unha entidade carente de ánimo de lucro dedicada a intervencións de carácter humanitario a prol das poboacións vítimas de crises humanitarias, desastres ou conflitos que se produzan fóra do ámbito territorial galego. Temos por obxecto coordinar esforzos e concentrar recursos destinados a levar a cabo actuacións de Axuda Humanitaria, mellorar as condicións de vida das poboacións afectadas polas crises humanitarias, desastres ou en casos de urxente necesidade, mediante a prestación de asistencia de forma rápida e eficaz e segundo criterios de necesidade e vulnerabilidade.

Proxecto "A Posta"

Galicia comeza a traballar de xeito continuo desde o 2001, grazas á colaboración do voluntariado tanto local como europeo.

Instituto de Estudos Sociais e Internacionais

Somos unha entidade que ten como fin contribuír ao desenvolvemento humano baseándose en programas de redución de pobreza nos países menos desenvolvidos e en programas de redución da vulnerabilidade, integración e igualdade no ámbito social e socio-sanitario en colectivos da nosa comunidade.
 

Cooperación Galega

Cooperación Galega é a ferramenta a través da cal Galicia canaliza as súas accións en pro do desenvolvemento. Deste xeito, mediante a cooperación para o desenvolvemento a sociedade galega pon a dispoción dos pobos máis pobres do planeta a súa experiencia histórica, os seus valores, activos e recursos; sumándose aos procesos existentes para combater a pobreza e as súas causas, promovendo activamente o dereito ao desenvolvemento integral, humano e sostible.
 

ACOES Vigo

Organización non gubernamental sen ánimo de lucro, que ten o único obxectivo de apoiar aos más desfavorecidos de Honduras defendendo o acceso á educación, como dereito e como ferramenta de transformación social para promover a solidaridade e a xustiza. Acoes nace en Honduras pero  co obxectivo de dar unha mellor resposta ás necesidades dos proxectos fóronse creando delegacións nos diferentes puntos de España, entre eles unha ubícase na cidade de Vigo.
 

Proxecto FARLAND

FARLAND “Future Approaches to Land Development” é un proxecto de cooperación transnacional impulsado baixo a iniciativa comunitaria INTERREG III encamiñado a fomentar o intercambio de experiencias e coñecemento no campo da xestión da terra entre rexións europeas.
 

Contos Solidarios

O proxecto Contos Solidarios nace no ano 2000 da mán da ONGD chantadina Bicis pola Paz, sendo monitorizado polo colectivo de educación ambiental Papaventos e financiado pola convocatoria de sensibilización de Cooperación Galega (Xunta de Galicia). Contos Solidarios percorreu máis cincocentas escolas e visitou a máis de 60.000 nenas e nenos co obxectivo de sensibilizar e concienciar as/os alumnas/os sobre a necesidade dun compromiso solidario coa xustiza e a liberdade, empregando como ferramenta lúdico-pedagóxica o conto, a poesía, o humor, a mímica…..

Amarante

É unha organización galega de cooperación para o ecodesenvolvemento. Xorde como unha ONGD para a transformación, situándose dentro do debate actual na corrente que aposta por ser un freo ós abusos do poder político e as desigualdades xeradas dende o poder económico. Para elo, pensan que é fundamental recupera-lo papel autónomo dos movementos sociais na transformación política e a participación da sociedade civil nos asuntos públicos.

Conteúdo sindicado