Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Tecnoloxías

Servizos Educativos Multimedia (SEM)

Os Servizos Educativos Multimedia (SEM) provén á comunidade educativa de ferramentas de comunicación que estimulan a súa participación na sociedade da información. Estes servizos proporciónanlle ao profesorado instrumentos para desenvolver o seu labor educativo no novo marco tecnolóxico e melloran a súa eficacia pedagóxica. Tamén lle facilitan ao alumnado a aprendizaxe dos contidos curriculares, así como a súa adaptación ao contorno de traballo da sociedade da información.
 

Sistema de Información da Educación Galega (SIEGA)

O Sistema de Información da Educación Galega xorde como unha resposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ó cada vez máis importante papel das Tecnoloxías da Información e a Comunicación no eido escolar. SIEGA é un proxecto integral composto actualmente por:  Rede da Educación Galega (REDUGA),  Recursos Educativos, Portal de Recursos Educativos, Plataforma de Teleformación Galega (PL@TEGA), Unidade de Atención a Centros da Educación Galega (U@CEGA), Servizos Educativos Multimedia (SEM) e e-Administración Educativa
 

Conteúdo sindicado