Museo interactivo que representa, a través de audiovisuali, maquetas, fotos, paneis,... o Medio Ambiente, a Historia, a Economía e a Sociedade de Cerceda.
O Ecomuseo nace como resultado da necesidade de expoñer ao público a tecnoloxía e o xeito de vida tradicional dos “oleiros” (alfareiros) de Buño. Está formado polas antigas casas/obradoiro, forno, “cabanote” (alpendre) e “cabazo” (hórreo) de varias familias alfareiras.
A Ribeira Sacra é temática da primeira fase do ecomuseo de Arxeriz, pola súa ubicación, nunha balconada de bocarribeira sobre un dos lugares máis emblemáticos do val do Miño, o Cabo do Mundo, e a necesidade de conservar unha das zonas salientabeis dende o punto de vista paisaxístico-patrimonial e humano.