Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

hábitat

Plantas útiles de Galicia.

Autores - Colaboradores: 

Beatriz Rodríguez Fernández. Cristina Gayo Cancelas. Jesús Manuel Rodríguez Casabiell.
 

Esta guía de Plantas Útiles de Galicia consta de 104 especies con variadas aplicacións medicinais e terapéuticas de uso externo e interno para o tratamento de diferentes doenzas, sempre baixo prescrición médica para non incorrer nunha mala administración do produto e acentuar ou mesmo agravar a enfermidade. Esta guía promove un coñecemento da flora e a súa preservación a través das diferentes utilidades que teñen para a humanidade, dado que todas as descritas teñen en común, entre outras utilidades, a de ser beneficiosas para a Saúde.

Plantas Invasoras de Galicia. Bioloxía, distribución e métodos de control.

Autores - Colaboradores: 

Jaime Fagúndez Díaz. Manuel Barrada Beiras. Rogelio Fernández Díaz. Jasús Santamaría Fernández. Miguel Salvande Fraga.
 

Neste libro descríbense aquelas especies de flora invasora máis significativas e, polo tanto máis agresivas de cara a colonizar con celeridade novos espazos e hábitatas. Tamén se sinalan as ameazas e os métodos de contros e prevención que deberemos ter en conta para evitar que Galicia, ademáis de sufrir os efectos negativos que chegarán co cambio climático, se vexa depauperado e aínda máis castigada pola presenza de especies estrañas que compiten activamente coas do patrimonio natural galego.
Organismo promotor: D. X. Conservación da Natureza

 

Manual e Guía práctica de Micoloxía no Val de Barcala

Autores - Colaboradores: 

Amador Rodríguez Troncoso. Jesús Manuel Rodríguez Casabiell.
 

Esta publicación describe, de maneira práctica, 72 especies de cogomelos; das que 34 son comestibles, 14 sen interese culinario, 13 velenosas, 9 non comestibles e 2 mortais. O apoio fotográfico de cada unha destas especies e dos seus respectivos hábitats pon ao alcance dos afeccionados unha doada identificación. O libro serve coma guía de campo para buscadores de cogomelos, e tamén pode ser un bo apoio instrumental para impartir cursos de iniciación e perfeccionamento da micoloxía.

Guía dos anfibios e réptiles

Autores - Colaboradores: 

Pedro Galán Regalado
 

Esta guía fai un estudo dos distintos afibios e réptiles que se atoparon no Parque de Corrubedo en percorridos sistemáticos por todos os hábitats e zonas ao longo do ciclo completo de actividade destes animais. En cada especie inclúese un mapa de distribución cos principais hábitats do parque que mostra os rexistros obtidos nas prospeccións de campo.

Guía das orquídeas

Autores - Colaboradores: 

Elvira Sahuquillo Balbuena
 

Esta guía de orquídeas contribúe ao coñecemento e divulgación da riqueza florística do parque natural e facilita o achegamento a esta interesante familia de plantas, popularmente asociada ao mundo tropical. As orquídeas destacaron sempre pola beleza das súas flores, pero, ademais do seu valor estético, presentan un importante valor biolóxico e ábrennos os ollos á complexidade do mundo natural. Ao observar unha orquídea fixarémonos na súa labiríntica estrutura, que indica con que tipo de organismos está relacionada e cal é o seu funcionamento.

Conteúdo sindicado