A Aula da Natureza, situada no paseo fluvial de Oira, ofrece visitas guiadas onde, mediante paneis e diverso material informativo como maquetas e expositores, a xente que veña por aquí familiarízase co río Miño e co bosque de ribeira: aspectos naturais, patrimoniais, culturais e históricos relacionados co río ao seu paso pola nosa cidade. Poden asistir persoas de todas as idades, tendo en conta que as explicacións se adaptarán aos diferentes niveis educativos dos participantes.