Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Proxectos e iniciativas

Praia das Catedrais

Con Bandeira Azul dende 1997, As Catedrais é tamén o principal reclamo turístico da Mariña lucense debido á beleza e á espectacularidade das súas formacións rochosas, que semellan arbotantes góticos e forman covas de gran altura por mor do efecto da erosión mariña sobre os seus cantís de lousa e xisto.
 

Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

O obxectivo é participar na normalización do galego como centro de documentación aberto a calquera entidade ou persoa que solicite os seus servizos, e exercer de foro de intercambio e difusión dos materiais xerados neste proceso.
 

Proxecto Sarmiento

Proxecto que se levou a cabo por un equipo interdisciplinario que analizou as obras de Martín Sarmiento polo seu interese científico.
 

Observatorio da Cultura Galega

Este observatorio ofrece información sobre o patrimonio cultural galego realizando estatísticas obtendo os principais datos do ámbito cultural desta comunidade.
 

Observatorio Astronómico de Forcarey (OAF)

Centro de investigación, enseñanza de la Astronomía y divulgación científica de muy reciente construcción: el telescopio vio su primera luz en marzo de 2009
 

Proxecto Eco-Innova (FGE)

Eco-innova é un Proxecto Europeo Transnacional de cooperación, investimento e asistencia técnica para pemes situadas no Espazo Atlántico que desenvolven actividades ambiental e socialmente responsables. Así mesmo, ten como obxectivo esencial crear unha estrutura transnacional para informar, promover e promocionar a eco-innovación nesas pemes. Participan nel seis institucións de catro rexións comunitarias Galicia (España), Norte de Portugal (Portugal), Aquitania (Francia) e Gales (Reino Unido).
 

Granxa Escola Garabullos

Proxecto que permite compaxinar a vida no rural coas capacidades persoais e formacións técnicas dos seus propietarios. Trátase dun espazo libre inmerso na natureza da Terra Chá  que pretende cumprir o seu principal obxectivo educativo, que é aprender a sentir.
 

Granxa Escola Fervenza do Toxa

É un centro ocioeducativo onde se desenvolven programas de Educación Ambiental, Agroturismo, Ocio e Tempo Libre. Mediante actividades didácticas baseadas no coñecemento do medio natural, nas técnicas agrarias e gandeiras e nos usos e costumes do rural de Galicia
 

C. Interpretación do Pindo

"O Centro de Interpretación do Monte Pindo e Fervenza do Xallas, na praia de Ézaro, presenta por medio de rutas, información sobre a xeoloxía, flora e etnografía destes singulares espazos naturais.
O espazo contén paneis informativos, unha maqueta do monte e as 4 rutas."
 

Distribuir contido