Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Proxectos e iniciativas

Museo do Mar de Galicia

 Este museo permite coñecer a actividade pesqueira en tódolos seus ámbitos, así como o seu desenvolvemento no descorrer da historia: a pesca, o marisqueo e a acuicultura, os métodos de conservación, dende o primitivo salgado ata o moderno conxelado, os avances técnicos nas embarcacións ou a bioloxía mariña. Completarase o percorrido cunha visita ao acuario do Museo, onde se poden observar os principais ecosistemas que se atopan entre o propio peirao do Museo e a costa acantilada das Illas Cíes
 

CI cultura castresa San Cibrán de Láns (San Amaro)

Centro de Interpretación da cultura castrexa de gran relevancia. Conta cunha gran exposición estable e outra sala máis para albergar exposicións temporais co obxectivo de manter actualizados os contidos do centro e amosar as novidades das investigacións. As instalacións tamén inclúen aulas didácticas, biblioteca, fototeca, zonas de documentación, arquivo, sala de reunións e unha área de servizos, con tenda e cafetaría.
 

CI do Castelo da Concepción (Cedeira)

Una pequeña fortaleza del siglo XVIII convertido en un aula de interpretación histórica y en una sala de exposiciones con paneles informativos y proyecciones sobre la historia de Cedeira.
 

Aula Verde (A Fonsagrada)

Situada en Paradanova, en el Concello de A Fonsagrada, es un aula rural cuya temática principal versa sobre “la montaña”, debido a lo accidentado del relieve que rodea la zona. Este aula se configura como un centro de información, educación y sensibilización ambiental, al servicio de la población. Ofrece, a todos sus visitantes, el acceso a un equipamiento para conocer y valorar la riqueza medioambiental de la Reserva de la Biosfera Río Eo, Oscos y Terras de Burón
 

Aula da Natureza A Casa da Ría

"Se ubica en el Monte de Santa Cruz, cuenta con sala de audiovisuales, exposición y observatorio astronómico (instalaciones con cupula giratoria únicas en Lugo), aula de la naturaleza
 Las réplicas de aves que alli se encuentran son accesibles a personas que padecen de ceguera."
 

Aula do Mar

Referente entre os ornitólogos españois e europeos á hora de observar aves mariñas no seu propio medio. Embarcados na Aula do Mar os ornitólogos poden aproximarse ás rutas de migración mariña destas especies co fin de censar grupos, estudar o seu patrón migratorio e advertir a presenza de especies esquesas que, dende a costa, serían difíciles de localizar.
 

Aldea Nova-Parque Temático do Rural

Aldea Nova é o único espazo aberto e vivo dedicado ao desenvolvemento rural sustentable de Galicia, ao seu estudo, divulgación e experimentación. A revelar e potenciar os seus recursos gandeiros, agrícolas, forestais, educativos e turísticos. A promover o seu uso de enerxías renovables e novas tecnoloxías da información. A impulsar a revitalización social, económica e ambiental das áreas rurais.
 

Albergue Rural A Escola

Vigozoo

Zoolóxico situado en Vigo que exerce unha labor divulgativa das características e costumes dos animais que alí residen. Este zoo persegue os obxectivos de conservación, investigación e educación. Para elo estanse protexendo e conservando diferentes especies, fanse colaboracións en estudos de investigación e realízanse actuacións educativas para os distintos sectores do público visitante, que mediante a adquisición de valores e coñecementos os axuda a comprender o estado actual do medio ambiente e a actuar en consecuencia.
 

Sogama-Complexo Mediambiental

A Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) é unha empresa pública autonómica, creada no ano 1992 polo Decreto 111/1992 da Xunta de Galicia, e adscrita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Concíbese, por tanto, como un instrumento operativo ao servizo da política ambiental de Galicia e ao servizo do Goberno da Xunta en xeral.
 

Distribuir contido