No seu interior alberga unha exposición interpretativa permanente, distribuida en dúas salas e dous miradoiros acristalados, un laboratorio, espazos para a proxección de audiovisuais, ampla terraza e puntos de observación ornitolóxica. Cando o visitante accede á aula sorpréndese coa reprodución dunha batea, ou dunha furna na que poder mergullarse e escoitar e ulir o mesmo que os animais que viven neste entorno. Pode a continuación gozar dos antigos focos do Faro de Mera, ou visualizar sobre unha foto aérea os principais elementos patrimoniais e puntos de interese do Monumento.