Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Recursos Externos

Cambia o Clima?

Autores - Colaboradores: 

 Francisco Sóñora Luna. José Lires Corbal.
 

Esta é a primeira unidade didáctica global de Climántica. O seu contido está estruturado e ilustrado con estilo didáctico. En cada apartado e subapartado suxírense actividades que inspiran aos profesores actividades concretas de aula.

Con bici al cole.

Autores - Colaboradores: 

 Fernando Haritz. Paco Molinero. Toño Peña
 

Éste é un proxecto pedagóxico para alumnos de primaria que ten coma obxectivo a educación para unha movilidade sostible e o fomento do uso da bicicleta coma medio de transporte  entre escolares de Educación Primaria.
Organismo promotor: Federación ConBici

 

O Cambio Climático. Caderno de actividades didácticas.

Autores - Colaboradores: 

cem, s.coop.galega
 

Organismo promotor: CEIDA. INEGA.

 

Sistema de Compromisos Voluntarios de Reducción de GEI.

Esta é unha iniciativa que ten por obxecto promover a reducción voluntaria de emisións de GEI en sectores ou actividades non incluídos na Lei 1/2005. Neste documento plantéxase a posibilidade de que empresas particurais se adhiran a esta iniciativa presentando proxectos que pasarán por un proceso de avaliación. Determina os requisitos e documentación necesarios para a súa presentación e amosa os beneficios e vantaxes de tal acción.
Organismo promotor: Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino. OSE.

 

Plan Nacional de Adaptación al Cambio Climático

Supón un marco para a coordinación entre administracións públicas para as actividades de avaliación de impactos , vulnarabilidade e adaptación ao cambio climático.

Estrategia Española de Cambio Climático y Energía Limpia.

Esta estrategia conta con dous capítulos, no primeiro defínense as actuacións para loitar contra o cambio climático e , no segundo , aborda o xeito de conseguir enerxía máis limpa. Cada capítulo inclúe unha descrición da situación actual, obxectivos perseguidos, medidas propostas e unha selección de indicadores para o seu seguemento.
Organismo promotor: Ministerio de Medio Ambiente

 

El cambio climático en España: Estado de situación: Documento resumen

Autores - Colaboradores: 

Juan Carlos Abanades García. José Mª Cuadrat Prats. Manuel de Castro Muñoz de Lucas. Felipé Fernández García. Carmen Gallastegui Zulaica. Luis Garrote de Marcos. Luis M. Jiménez Herrero. Ramón Juliá Brugués. Íñigo J. Losada Rodriguez. Andrés Monzón de Cáceres. José Manuel Moreno Rodríguez.
 

Este documento aporta algúns dos elementos máis relevantes que se deben ter en conta no proceso de toma de decisión para enfrontarse ao cambio climático, orixe e consecuencias. No primeiro bloque resúmense os coñecementos sobre o clima pasado, recente, as tendencias actuais e as proxecións futuras para España. Analízanse tamén os principais impactos do cambio climático sobre os sistemas naturais e os seus recursos.

Cambio Climático 2007.

Autores - Colaboradores: 

Pachauri R.K. Reisinger, A.
 

La última avaliación do IPCC, divulgada no Cuarto informe, sinala unha tendencia crecente nos eventos extremos observados nos pasados cincuenta anos e considera probable que as altas temperaturas, olas de calor e fortes precipitacións continuarán sendo máis frecuentes no futuro, polo cal, nos anos posteriores pode ser desastroso para a humanidade.
Organismo promotor:  OMM. PNUMA. IPCC

 

Follas Divulgadoras

As follas divulgadoras editadas pola Consellaría do Medio Rural teñen a misión de contribuír á difusión das campañas e medidas adoptadas dende a Administración en canto á reordenación, defensa contra incendios e posta en valor do monte galego. As follas constan das seguintes temáticas: Limitacións ás actividades no monte en prevención de incendios forestais - índice de risco diario de incendio forestal, consellos e limitacións das actividades profesionais; permisos de queimas, usos do lume e incendios forestais -

O Bosque Avanza

"O Bosque Avanza" é unha publicación divulgativa que, mediante a recompilación de diversos indicadores, ofrece unha visión actual da realidade do monte en Galicia co obxectivo de comprobar e garantir a sustentabilidade da xestión forestal
 

Distribuir contido