Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Visita Técnica
Organismo promotor:Xunta de Galicia. Consellería de Medio Rural

 

"O Bosque Avanza" é unha publicación divulgativa que, mediante a recompilación de diversos indicadores, ofrece unha visión actual da realidade do monte en Galicia co obxectivo de comprobar e garantir a sustentabilidade da xestión forestal
 

Resumo dos relatorios das II xornadas de arboricultura. Aspectos técnicos da arboricultura e sustentabilidade son desenvolvidos por expertos que son referentes da arboricultura nacional e europea. Inclúe un Cd recompilatorio
Organismo promotor: Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

 

As follas divulgadoras editadas pola Consellaría do Medio Rural teñen a misión de contribuír á difusión das campañas e medidas adoptadas dende a Administración en canto á reordenación, defensa contra incendios e posta en valor do monte galego. As follas constan das seguintes temáticas: Limitacións ás actividades no monte en prevención de incendios forestais - índice de risco diario de incendio forestal, consellos e limitacións das actividades profesionais; permisos de queimas, usos do lume e incendios forestais -

La última avaliación do IPCC, divulgada no Cuarto informe, sinala unha tendencia crecente nos eventos extremos observados nos pasados cincuenta anos e considera probable que as altas temperaturas, olas de calor e fortes precipitacións continuarán sendo máis frecuentes no futuro, polo cal, nos anos posteriores pode ser desastroso para a humanidade.
Organismo promotor:  OMM. PNUMA. IPCC

 

Este documento aporta algúns dos elementos máis relevantes que se deben ter en conta no proceso de toma de decisión para enfrontarse ao cambio climático, orixe e consecuencias. No primeiro bloque resúmense os coñecementos sobre o clima pasado, recente, as tendencias actuais e as proxecións futuras para España. Analízanse tamén os principais impactos do cambio climático sobre os sistemas naturais e os seus recursos.

Esta estrategia conta con dous capítulos, no primeiro defínense as actuacións para loitar contra o cambio climático e , no segundo , aborda o xeito de conseguir enerxía máis limpa. Cada capítulo inclúe unha descrición da situación actual, obxectivos perseguidos, medidas propostas e unha selección de indicadores para o seu seguemento.
Organismo promotor: Ministerio de Medio Ambiente

 

Supón un marco para a coordinación entre administracións públicas para as actividades de avaliación de impactos , vulnarabilidade e adaptación ao cambio climático.

Esta é unha iniciativa que ten por obxecto promover a reducción voluntaria de emisións de GEI en sectores ou actividades non incluídos na Lei 1/2005. Neste documento plantéxase a posibilidade de que empresas particurais se adhiran a esta iniciativa presentando proxectos que pasarán por un proceso de avaliación. Determina os requisitos e documentación necesarios para a súa presentación e amosa os beneficios e vantaxes de tal acción.
Organismo promotor: Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino. OSE.

 

Organismo promotor: CEIDA. INEGA.