Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Sociedade

Rede Agrometeorolóxica

Rede de estacións esparcidas por toda Galicia que proporcionan datos coma temperatura, humidade, precipitacións, vento…
 

Transporte Nocturno

 Consiste na realización de diversas rutas de transporte nocturno, con destino nalgunhas das principais zonas de lecer nocturno da comunidade autónoma.
 

Programa de Transporte Escolar Compartido de Galicia (TES+BUS)

TES+BUS, é un proxecto conxunto da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co obxectivo da promoción do transporte público colectivo en zonas de carácter rural. A actuación TES+BUS consiste na utilización mixta dos servizos de transporte escolar público, de tal xeito que calquera cidadán das zonas onde se implanta poderá utilizar para os seus desprazamentos as rutas destes servizos.
 

Observatorio Galelo de educación ambiental

O Observatorio Galego de Educación Ambiental (OGEA) é o órgano colexiado de participación, consulta e asesoramento da Consellería de Medio Ambiente en relación co desenvolvemento da Educación Ambiental en Galicia. Os fins principais son a promoción, o seguimento e a avaliación permanente de Educación Ambiental na Comunidade Autónoma en base ás recomendacións contidas na EGEA.
 

Proxecto Ríos

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.
 

Rede centros da A21EG

A constitución dunha rede centros da A21EG  pretende que o alumnado e o profesorado dos centros que participan nesta acción conxunta teñan un espazo de traballo colaborativo que, como experiencia de aprendizaxe aberta, posibilite o compartir experiencias e recursos da A21EG polos propios profesores e alumnos.
 

Programa "Axenda Escolar 21 Galicia"

A Axenda 21 Escolar é un programa da Xunta de Galicia pensado para facilitar a implicación dos centros educativos na educación para a sostibilidade coordinado polas Consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
 

Proxecto "Axenda 21 Local Galicia"

A Axenda 21 local é a contribución de cada concello e a súa comunidade local á sostiblidade, nun proceso aberto e participativo dirixido a mellorar a calidade de vida dos seus cidadáns, comprometéndose a actuar cara á mellora ambiental, social e económica do concello.
 

Proxecto "Núcleos da Sostebilidade"

O obxectivo deste proxecto a desenvolver inicialmente como experiencia piloto, é posibilitar a integración, a nivel local, de todas as accións susceptibles de ser promovidas ou respaldadas polas administracións municipal e autonómica que garden relación directa coa consecución dun desenvolvemento local sostible, coordinándoas en aplicación dos diversos instrumentos que se poden implementar (Avaliación estratéxica da sostibilidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal, Axendas 21 local e escolar, educación ambiental, instrumentos de sostibilidade empresarial, de gobernanza municipal, etc).

Distribuir contido