Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Documento no cal a Dirección Xeral de Montes explica as actuacións relativas a Silvicultura levadas a cabo.
Organismo promotor:Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia.

 

Este documento explica en qué consisten as aulas forestais, os seus obxectivos e as distintas aulas que existen polo territorio galego.
Organismo promotor:Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia.

 

Neste díptico explícanse os obxectivos, actividades, horarios e organización da visita na aula forestal Viveiro de Areas.
Organismo promotor: Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Montes.

 

Neste díptico amósase a aula forestal Os Trollos. Explícase onde se sitúa e como chegar. Asimesmo no díptico plásmanse os bloques temáticos que se abordan na mencionada aula forestal.
Organismo promotor:Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia. Rede de Aulas Forestais da Provincia de Lugo.

 

Este documento ten en conta o futuro próximo dos bosques e a actividade forestal nos ámbitos subrexional, rexional e mundial. Partindo da base dos estudos periódicos de perspectivas do sector forestal realizados pola organización FAO, analízanse os efectos que factores externos, coma os cambios demográficos, económicos, institucionais e tecnolóxicos poderían provocar nos bosques. A globalización e mellora das comunicacións fixo que os escenarios rexionais estarán cada vez máis relacionados entre sí.

Este documento trata do nematodo Bursaphelenchus xylophilus actualmente en corentena en Europa e causante da doenza coñecida comunmente coma "Pine Wilt Disease". Explica tanto a morfoloxía, identificación e ciclo biolóxico tanto do nematodo coma do insecto que o propaga. Seguidamente fala das prospeccións realizadas, o obxectivo déstas e a elección dos lugares prospectados. Comenta a especie arbórea elexida na nosa comunidade á vez que define o réxime de mostraxe a levar a cabo e a colocación de trampas para evitar a propagación deste nematodo.

Neste documento dispóñense brevemente as boas prácticas a levar a cabo polos xestores forestais para levar a cabo unha xestión sustentable
Organismo promotor:Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia.

 

Esta publicación describe as actividades que a Red Española de Ciudades por el Clima levou a cabo durante o ano 2007. Actividades que tiñan coma obxecto fomentar actuacións locais dirixidas á redución de emisións de gases de efecto invernadeiro e adaptación ao cambio climático, así coma dotalos de ferramentas que faciliten o desempeño das súas obrigas.
Organismo promotor:FEMP. Red Española de Ciudades por el Clima.

 

Documento no cal se define o que supón a opción da Biomasa como fonte de enerxía e a relación que ten co sector forestal pois os residuos que del se xeran poden ser recurso enerxético mediante a produción de enerxía utilizando a técnica da Biomasa.
Organismo promotor:Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia.

 

A presentación comeza cunha breve explicación sobre a situación do monte galego respecto da propiedade e os tipos de propiedades existentes. Aborda a problemática dos incendios forestais e a necesidade de por en valor o monte galego. Mostra a resposta da Administración cun novo marco lexislativo explicando os obxectivos e no marco da Lei 3/2007 as finalidades da UXFOR. Plasma exemplos de Uxfor e remata cunha diapositiva na cal dispón claramente tódolos obxectivos deste tipo de unidade de xestión.
Organismo promotor:Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia.