A Asociación Micolóxica Andoa ten coma obxectivos entre outros, difundir a cultura dos fungos. Pretenden concienciar á xente da importancia deles para a biodiversidade, e instala na preservación do medio natural. No último ano o abanico de actividades abriuse tamén, cara outros aspectos cos que Andoa pretende quitar o medo e as apatías cara este reino dos fungii. Queren divulgar entre os vecinos as características dos cogumelos, incluíndo una vertente científica e sen esquecer a culinaria.