Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Follas Divulgadoras

As follas divulgadoras editadas pola Consellaría do Medio Rural teñen a misión de contribuír á difusión das campañas e medidas adoptadas dende a Administración en canto á reordenación, defensa contra incendios e posta en valor do monte galego. As follas constan das seguintes temáticas: Limitacións ás actividades no monte en prevención de incendios forestais - índice de risco diario de incendio forestal, consellos e limitacións das actividades profesionais; permisos de queimas, usos do lume e incendios forestais -
Solicitudes e permisos, restricións, tipos de queimas e teléfonos de información; unidades de xestión forestal - procedementos para crear unha unidade de xestión forestal, características e vantaxes destas entidades; redes de faixas de xestión de biomasa e incendios forestais - faixas de xestión de biomasa, redes primarias e secundarias, zonas de alto risco e responsábeis; silvicultura preventiva, ordenación de plantacións e incendios forestais - silvicultura preventiva contra incendios forestais, descontinuidade horizontal e vertical e ordenación das plantacións; infraestruturas e incendios forestais - áreas de limpeza obrigatoria en estradas, autoestradas e rede ferroviaria segundo o tipo de vía; vías, camiños e incendios forestais - obrigas de limpeza nas vías e nos camiños, xustificación da necesidade e beneficios.
Organismo promotor: Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais