Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Taxa de evolución da poboación

Descrición breve
Variación entre os efectivos poboacionais observada nun determinado período de tempo, referida á poboación inicial dese período (normalmente expresada por 100 (102) ou 1000 (103) habitantes).

Fórmula de cálculo
[(P(t) – P(0)) / P(0)]*100

Variables
P (t) - Poboación no momento t
P (0) - Poboación no ano 1991 (o ano base escollido foi 1991, por ser o ano a partir do cal existen datos informatizados para os territorios en análise).

Unidades
Porcentaxe (%) de habitantes

Fontes
INE Portugal; INE España; IGE Galicia; Eurostat

Análise breve
[% Poboación (1991=100)]
44 Gráfico 1 - Taxa de evolución poboacional, con base en 1991 (1991=100) observada na Unión Europea 27 (UE-27), eurorrexión (ER), España (ES) e Portugal (PT) no período de 1991 a 2010.

A taxa de evolución poboacional na eurorrexión entre 1991 e 2010 é do 4,69% (Gráfico 1).
Na UE-27 e en Portugal, para o período de 1991 a 2010, a taxa de evolución poboacional é respectivamente do 6,17% e 6,74% (Gráfico 1).
España é o país con maior taxa de evolución poboacional observada no período de 1991 a 2010, co 20,96% (Gráfico 1).

 

Valoración: 

neutro

neutro