ONG sen ánimo de lucro que forma parte da Coordinadora Galega de ONG´s para o Desenvolvemento e da Coordinadora Galega pola Paz. Os seus obxectivos son promove-la Educación para a Paz, contidos e actividades, como eixo transversal obrigatorio do curriculum; contribuir á formación inicial e permanente do profesorado; divulga-los valores cívicos e democráticos dunha Cultura de Paz proclamados pola Declaración Universal dos Dereitos Humanos e o Manifesto 2000 promovido polos premios Nobel da Paz; realizar actividades culturais que fagan realidade, nas aulas e na sociedade, estes valores; e colaborar e cooperar internacionalmente, de maneira especial, con ONGs similares dos países empobrecidos.