O Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular é unha agrupación europea territorial que forma vínculo entre as zonas urbanas na comunidade autónoma de Galicia e as da Rexión Norte de Portugal. O seu principal obxectivo é a cohesión e a estrutura do sistenma urbano, e a contribución á modernización das cidades mediante o desenvolvemento de programas da rede, a coperación, o intercambio de información e a planificación estratéxica conxunta.