Ésta é unha asociación profesional de libre afiliación e sen ánimo de lucro, constituida en Santiago de Compostela. Entre os seus fins e obxectivos están impulsar o desenvolvemento do sector forestal e defender os intereses dos propietarios dos montes, colaborar na consecución dunha cultura forestal na sociedade galega acorde coa importancia estratéxica do monte e do sector forestal, impulsar a formación dos propietarios forestais no ámbito técnico, económico e social, concienciar e divulgar á poboación das tres funcións esenciais do monte: a económica, de conservación e protección de recursos e social e recreativa.