Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Os Xermolos

Xermolos son un grupo de voluntarios, xente nova e non tan nova, que perseguen esencialmente preservar e difundir a cultura galega. Funcionan en  dúas asociacións: A Asociación Xuvenil de Guitiriz: Xermolos, e a Asociación Xuvenil de Xermolos.  Unha centrada nos maiores: Escola Social Rural, Venres Culturais, Cabalgata de Reis..., outra nos máis novos: clases de guitarra, de gaita, teatro, certames, festival. Compartindo os mesmos locais, as mesmas actividades e xuntanzas.  Algunhas das súas actividades entre outras están dedicadas á realización do Antroido ; Cabalgata de Reis; congresos, conferencias e estudos ; cursos e concursos; exposicións e mostras de arte;  ó Festival de Pardiñas;  e a realización de publicacións