Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Mesa Galega da Madeira

A Consellería de Medio Rural crea a Mesa da Madeira co obxectivo de impulsar o sector forestal e fomentar o seu papel no desenvolvemento rural, mellorar a rendibilidade e establecer un marco estable de diálogo e intercambio de opinións. Esta Mesa busca a máxima representación de todos os axentes implicados no ámbito forestal co obxectivo de que se poñan en común e se teñan en conta todos os puntos de vista posible  para afrontar de xeito operativo cada unha das iniciativas e problemas que se presenten. Neste sentido, pon en marcha iniciativas enfocadas, por unha banda, a fomentar a mellora na produción e, por outra, destinadas ás industrias.