Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Observatorio do Sector Lácteo de Galicia

Observatorio do Sector Lácteo ten as funcións seguintes: Analizar a situación do sector e as diferentes problemáticas que o afectan. Recompilar os datos técnicos e económicos que se lle remitan relativos ás explotacións de vacún de leite. Elaborar un sistema de información así como os índices de referencia que se consideren axeitados para o coñecemento da evolución do sector lácteo. Subministrarlles aos axentes representativos do sector información sobre a situación estrutural e conxuntural do sector, fundamentada, entre outros, nos prezos pagados e percibidos polos produtores, nos resultados da xestión técnica e económica das explotacións de leite e na situación de oferta e demanda dos produtos lácteos no mercado. Asesorar os diversos servizos da consellería competente en materia agraria e de desenvolvemento rural no exercicio das funcións que teñen atribuídas no ámbito da produción agraria. Elaborar publicacións e estudos sobre a materia. Calquera outra función relacionada co sector lácteo que lle encargue a persoa titular da consellería competente en materia agraria e de desenvolvemento rural, ou outro titular dun órgano da consellería por delegación daquel.