Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Proxecto ACCEPT

A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ten unha especial importancia polo recoñecemento que lle outorgou a Unión Europea, as redes de comunicación que dende moi antigo enlazan aos territorios de Galicia e Norte de Portugal, xunto coas infraestruturas de comunicación actuais, fomentan a xeración dun constante fluxo empresarial, laboral e comercial; polo que non é estraño o frecuente tránsito de traballadores e traballadoras que cruzan a fronteira, que nos delimita como territorio pero non nos separa, para traballar a un e ao outro lado. Este proxecto intenta superar os retos para o desenvolvemento dun traballo transfronteirizo de calidade e, nestes momentos de crise, para a busca conxunta de solucións aos problemas comúns