Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Asociación Forestal de Galicia

 AFG é unha Asociación privada sen ánimo de lucro que agrupa a propietarios forestais particulares e comunidades de montes en man común de Galicia. Os seus fins son agrupar aos propietarios e titulares de predios forestais en Galicia; representar aos seus membros ante as administracións, entidades, corporacións e institucións nacionais e internacionais, do ámbito forestal; contribuír á elaboración de políticas forestais acordes cos intereses dos silvicultores galegos; mellorar en Galicia a produción forestal en cantidade e calidade, incrementando a rendibilidade dos montes; asegurarlles aos seus socios información, asesoramento e asistencia técnica no ámbito silvícola; informar á Administración sobre a lexislación que puidera afectar á propiedade forestal, á práctica da silvicultura e, en xeral, aos montes galegos e aos produtos forestais; apoiar e impulsar a investigación forestal e proponer liñas e proxectos de investigación que respondan ás necesidades dos silvicultores galegos; fomentar as iniciativas e suxerir propostas que melloren a estrutura da propiedade forestal en Galicia dirixidas a conseguir unidades de explotación tecnicamente axeitadas; divulgar e fomentar os coñecementos e as técnicas dirixidas a conseguir unha xestión sostible dos recursos forestais en Galicia; desenvolver labores de formación que contribúan a incrementar os coñecementos e a capacidade de xestión no ámbito forestal; promover iniciativas que contribúan a aumentar o valor engadido dos bens, produtos e recursos xerados nos montes galegos; desevolver todas aquelas actividades compatibles cos fins mencionados, os estatutos e a lexislación vixente; os beneficios que obteña a AFG por calquera concepto destinaranse exclusivamente ao cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os socios nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativa.