Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Aula do Mar (Oleiros-A Coruña)

No seu interior alberga unha exposición interpretativa permanente, distribuida en dúas salas e dous miradoiros acristalados, un laboratorio, espazos para a proxección de audiovisuais, ampla terraza e puntos de observación ornitolóxica. Cando o visitante accede á aula sorpréndese coa reprodución dunha batea, ou dunha furna na que poder mergullarse e escoitar e ulir o mesmo que os animais que viven neste entorno. Pode a continuación gozar dos antigos focos do Faro de Mera, ou visualizar sobre unha foto aérea os principais elementos patrimoniais e puntos de interese do Monumento. A Aula do Mar actúa tamén como Centro de Recepción de visitantes do Monumento Natural ofrecendo un servicio de información que asesora sobre as condutas aconsellables dentro do Monumento Natural, as súas restricións e posibilidades e as zonas aconsellables para visitar, de xeito que o impacto sexa mínimo.