O Albergue Xuvenil de Gandarío, da Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia) está integrado na REAJ (Red Española de Albergues Juveniles) e na IYHF (International Youth Hostel Federation). Dispón de: Abundante dotación de material para a práctica de deportes náuticos, un arboredo con máis de 200 especies, unha zona deportiva para a práctica de baloncesto, balonmán, voleibol, etc., amplas zonas cubertas, entre elas un merendeiro con capacidade para 400 persoas, un pavillón de actividades de dous andares con salón de actos, salas de xogos, música e televisión, varias salas de actividades, laboratorios de fotografía e bioloxía, aula de informática, biblioteca, un museo de arte xuvenil con traballos premiados nos certames convocados anualmente pola Dirección Xeral de Xuventude, coleccións de cunchas e espécimes mariños, etc.